Martin de Caldas foi un xograr galego ou portugués do século XIII.

Traxectoria Xabier Ron Fernández cre que o seu nome indica a procedencia do autor, do mesmo xeito que sucede con outros xograres da lírica galego-portuguesa. Así mesmo, atopou dous documentos pertencentes na catedral de Santiago de 1256 e 1264 que se refiren a un Martin Pelagii de Caldis. António Resende de Oliveira localizou un documento de 1258 en Barcelos no que figura o nome de Martim Pais de Caldas. Xosé Antonio Souto Cabo suxeriu que podería ser natural de Caldas de Reis, porén, debido á cantidade de localidades que inclúen o topónimo Caldas, tanto en Galicia como en Portugal, é difícil precisar a súa procedencia.

Obra É autor de sete cantigas de amigoCohen 2003, pp. 426-432 sobre temas tópicos, recollidas no Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Portugal e no Cancioneiro da Biblioteca Vaticana.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Escritores en lingua galega Categoría:Literatura galega medieval Categoría:Escritores de Galicia Categoría:Poetas de Galicia