Acontecementos Europa O bispo Teodomiro descobre o sepulcro do Apóstolo Santiago (data tradicional, a data real seguramente fora entre o 820 e o 830).. 22 de xuño - O emperador bizantino Miguel I é derrotado polos búlgaros liderados polo khan Krum en Versinikia. Os búlgaros conquistan Adrianópole e cercan Constantinopla. León V o Armenio é coroado emperador de Bizancio tras unha revolta (Miguel I faise monxe). Comeza o Segundo Período Iconoclasta. No Terceiro Concilio de Tours, os sacerdotes reciben a orde de predicar en vernáculo (latín vulgar ou alemán) Lois o Piadoso é coroado co-emperador dos francos co seu pai Carlomagno en Aix-la-Chapelle.
Islam
Os francos derrotan aos árabes en Barcelona. Os mouros saquean Nisa. Al-Amin, sexto califa abbásida e fillo de Harun al-Rashid, morre durante a tentativa de fuga de Bagdad, cercado polo seu irmán al-Mamun. Al Mamon abre a escola de astronomía de Bagdad.
Nacementos
Donald I de Escocia, rei entre 858 e 863. Data posíbel - Teófilo, emperador do Imperio Romano Oriental (m. 842).
Mortes
Posibelmente, Abu Nuwas, poeta persa en lingua árabe
Outros
Notas
Historia ano a ano
Categoría:813