A República Federal de Iugoslavia foi un estado federal formado polas repúblicas de Serbia e de Montenegro en 1992 e que no ano 2003 foi renomeado por Serbia e Montenegro. A capital foi a cidade de Belgrado.
Historia O novo Estado Tras a caída da República Federal Socialista de Iugoslavia entre 1991 e 1992, só Serbia e Montenegro acordaron manter o estado iugoslavo, e estableceron unha nova constitución para unha nova Iugoslavia en 1992. Coa caída do comunismo na Europa do Leste, o novo estado seguiu a onda de cambios e non reviviu a estrutura do partido comunista (que fora disolta en 1990). O novo estado deixou a simboloxía comunista: a estrela vermella foi retirada da bandeira, e o escudo de armas comunista foi substituído por unha aguia bicéfala coas armas de Serbia e de Montenegro. Outros cambios foron introducidos como renomear a policía ata entón Milicija (Милиција) por Policija (Полиција); as dúas repúblicas terían as súas propias forzas. O novo estado estableceu un goberno baseado nun sistema dun só presidente, que sería elixido de xeito democrático, así coma un parlamento democrático.
Serbia e Montenegro No 2002 os gobernos das dúas repúblicas que conformaban a federación chegaron a un novo acordo co propósito de mellorar a cooperación entre as dúas. O 4 de febreiro do 2003, aprobouse unha nova Carta Constitucional, o estado foi reestruturado, e cambiouse o nome polo de Unión dos Estados de Serbia e Montenegro. Porén diversos grupos comezaron a premer pola independencia de Montenegro, que finalmente foi aprobada o 21 de maio de 2006 e declarada o 3 de xuño de 2006.
Categoría:Iugoslavia