miniatura|A Grande e general estoria de Afonso X é unha das fontes da Historia troiana.
A Historia troiana é unha obra literaria narrativa, escrita na Idade Media. Está escrita en dous códigos diferenciados, un que se pode identificar como galego-portugués e outro que é castelán. Xenericamente, encádrase no que se coñece como Ciclo troiano, pois fai referencia á historia clásica e ás lendas da cidade de Troia. Consérvase nun manuscrito da Biblioteca Menéndez Pelayo de Santander. Manuscrito Está composto por 220 folios, 140 escritos en castelán e 80 en galego-portugués, aínda que Ramón Lorenzo afirma que o manuscrito debeu de constar de máis de 350 folios. Con todo, a parte en galego-portugués é máis extensa, ao conter máis liñas de texto. A letra é da segunda metade do século XIV e a parte castelá sería anterior. É posíbel que existise unha versión castelá enormemente mutilada, que alguén completou en galego-portugués.
Distribución temática A obra ten como fonte orixinaria o Roman de Troie de Benoît de Sainte-Maure e na parte galega inclúe episodios da General Estoria. 1-21 v. Inclúe interpolacións da General Estoria, con episodios anteriores á Guerra de Troia 29-36 v. Nacemento e xuízo de Paris 44-48 r. Infancia de Aquiles 48-49 v. Sacrificio de Ifixenia
Véxase tamén Outros artigos Crónica troiana
Categoría:Literatura galega medieval Categoría:Literatura medieval da Guerra de Troia