O faro de Punta Cabalo é un faro que está situado no extremo nordeste da Illa de Arousa, no interior da ría de Arousa, enriba dunhas rochas.
A torre está fincada ata a metade do mesmo nunha das fachadas. Na parte de arriba atópase un balcón e a lanterna, situada nun saínte.
A súa construción comezou no 1853, estando as obras a cargo do enxeñeiro Celedonio de Uribe, e a súa luz prendeuse por primeira vez o 19 de outubro do 1853. Nesta primeira etapa atendérono dous torreiros, máis a principios do século pasado suprimiuse esta figura.
Dende el vese a praia de Area de Secada, e xusto enfronte está a coñecida coma ruta dos golfiños, onde os mesmos acoden para alimentarse co peixe que cruza esa parte da ría.
Galería de imaxes
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos A Arousa Lista de faros de Galicia Ligazóns externas Reportaxe no suplemento de viaxes de El País.
Punta Cabalo Categoría:A Illa de Arousa