Sprite é unha famosa marca recoñecida mundialmente de bebida gasosa con sabor a lima-limón e sen cafeína producida pola empresa "The Coca-Cola Company".

Foi a resposta de Coca-Cola fronte á popularidade de 7 Up, que empezou como "Lithiated Lemon" en 1929. Sprite preséntase en latas principalmente verdes e azuis ou en botellas verde transparente cunha etiqueta principalmente verde e azul. Actualmente Sprite véndese en máis de 190 países.

Nos anos 1980, moitos anos despois da súa presentación, Coca-Cola fixo presión ás súas embotelladoras máis grandes, que distribuían 7 Up, para que substituíse á competencia co seu propio produto. Grazas, en gran medida, á forza do sistema de embotelladores de Coca-Cola, Sprite logrou liderar as vendas no mercado de refrescos lima-limón en 1989.

Chámase limoada en Australia, Nova Zelandia e Suíza.

En 1974 lanzouse Sprite Lixeiro e aínda que as vendas de Sprite non paran de crecer desde 1998, a Coca-Cola Company decidiu renomear a Sprite Lixeiro "Sprite Zero", como un esforzo para aumentar as vendas.383x383px|miniatura|Botella de Sprite|esquerda

Outras bebidas de Sprite Ademais da Sprite Lima-Limón foron lanzadas outras Sprites, aquí unha lista de todas as que foron lanzadas no mundo:

Sprite Zero Mint acid Sprite Sprite Blue Sprite 3G Sprite Remix Sprite Remix Berry Clear Sprite Remix Baixa Sprite Remix Aruba Jam Saborosa Sprite Max Sprite Ice Sprite Sprite Retro.

Véxase tamén Ligazóns externas Web Oficial de Sprite

Categoría:Bebidas refrescantes