Charles Albert Gobat, nado o 21 de maio de 1843 e finado o 16 de marzo de 1914, foi un avogado, administrador educativo e político suízo, que recibiu, xunto co Élie Ducommun, o Premio Nobel da Paz de 1902, pola súa lideranza na Oficina Internacional pola Paz, a máis antiga federación pola paz do mundo.

Traxectoria Gobat naceu en 1843 en Tramelan, Suíza. Era fillo dun pastor protestante e sobriño de Samuel Gobat, un misioneiro que se tornou bispo de Xerusalén. Educouse nas Universidades de Basilea, Heidelberg, Berna e París. Recebiu o doutoramento en dereito da Universidade de Heidelberg o 1867.

Recibiu aclamación polo seu traballo République de Berne et la France pendant les guerres de religion, publicado o 1891 e tamén por Histoire de la Suisse racontée au peuple de 1900.

Así mesmo, foi un forte defensor da lingua internacional esperanto e tamén do ido.

Notas

Categoría:Deputados de Suíza Categoría:Premio Nobel da Paz Categoría:Esperantistas Categoría:Nados en 1843 Categoría:Finados en 1914 Categoría:Nados no cantón de Berna Categoría:Avogados Categoría:Senadores de Suíza Categoría:Alumnos da Universidade de Heidelberg Categoría:Alumnos da Universidade de Basilea Categoría:Alumnos da Universidade de Berna Categoría:Premios Nobel de Suíza