Clyde William Tombaugh, nado en 1906 e finado en 1997, foi un astrónomo norteamericano, máis coñecido pola súa descuberta do planeta anano Plutón, en 1930. Tamén foi o descubridor de moitos asteroides e axudou na investigación de Ovnis.
Traxectoria Nado en Streator, Illinois, a súa familia mudouse pouco despois para Kansas. Tombaugh construíu o seu propio telescopio e enviaba bosquexos das súas descubertas ó Observatorio Lowell. Grazas a isto tivo unha oferta de emprego. Tombaugh traballou no Observatorio Lowell de 1929 ata o 1945.
Despois de descubrir Plutón, Tombaugh recibiu a graduación en astronomía nas universidades de Kansas e de Arizona. Traballou tamén no campo dos mísiles de White Sands, e deu clases na Universidade Estatal de Novo México de 1955 ata a súa xubilación, en 1973.
Categoría:Astrónomos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Illinois Categoría:Nados en 1906 Categoría:Finados en 1997