Sculptor ou Escultor é unha constelación menor do sur, que foi inserida por Nicolas Louis de Lacaille. Orixinalmente chamouna 'Estudo de escultor', pero posteriormente, o nome foi acurtado.

Mitoloxía Foi inserida durante o século XVII, polo que non ten mitoloxía relacionada.

Estrelas Notables e con nome propio

Non hai estrelas por riba da 3ª magnitude en Sculptor. A estrela máis brillante é α Sculptoris, unha variable do tipo SX Arietis de só 4,31 de magnitude. Isto é facilmente explicable xa que Sculptor contén o Polo Galáctico Sur onde a densidade de estrelas é moi baixa.

BDNome da estrela Mag. Distancia (al) ComentariosαAlfa Sculptoris4,30680 Estrela variable SX ArietisβBeta Sculptoris4,38178γGamma Sculptoris4,41179δDelta Sculptoris4,59143 Sistema estelar triploηEta Sculptoris4,86548εEpsilon Sculptoris5,2989,5ζZeta Sculptoris5,04510ιIota Sculptoris5,18311θTheta Sculptoris5,2471,1πPi Sculptoris5,25217μMu Sculptoris5,30291κ²Kappa-2 Sculptoris5,41581κ¹Kappa-1 Sculptoris5,42224σSigma Sculptoris5,50227 Estrela variable α² Canum VenaticorumξXi Sculptoris5,59628τTau Sculptoris5,69202λ²Lambda-2 Sculptoris5,90372λ¹Lambda-1 Sculptoris6,05432 R Sculptoris5,791550 estrela de carbono e variable semirregular HD 42087,79107 ten un exoplaneta WD 0137-34915,33333 sistema binario formado por unha anana branca e unha anana marrón Fonte: The Bright Star Catalogue, 5th Revised Ed., The Hipparcos Catalogue, ESA SP-1200

Obxectos Notables do espazo profundo A constelación contén a Anana de Sculptor, unha galaxia anana que é membro do Grupo Local, así coma Grupo de Sculptor, un grupo de galaxias moi pechado sobre o Grupo Local. A Galaxia de Sculptor (NGC 253), é unha galaxia espiral barrada e é o membro máis relevante do grupo, está situado preto da fronteira entre Sculptor e Cetus. Outro membro prominente do grupo é a galaxia irregular NGC 55.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Ian Ridpath e Wil Tirion (2007). Stars and Planets Guide, Collins, Londres. ISBN 978-0-00-725120-9. Princeton University Press, Princeton. ISBN 978-0-691-13556-4.

Ligazóns externas Star Tales – Sculptor

Categoría:Constelacións