Francisco Manuel López Martínez, nado en Fisterra en 1960, é un escritor galego, máis coñecido polo pseudónimo de Alexandre Nerium.
Traxectoria Poeta e mariñeiro, comezou a súa andaina poética no Batallón Literario da Costa da Morte, do que foi presidente. Ten colaborado en revistas como Dorna ou Atenea, entre outras.
Obra Poesía Vogar de couse, 2003, Espiral Maior. Detrás da néboa o felo, 2008, Amastra-N-Gallar. Nocturnidade do sal, 2008, Sotelo Blanco.
Antoloxías e obras colectivas De mar e vento. Cinco poetas de Fisterra, 1997, Espiral Maior. Rumbo ás illas. Escritores da Costa da Morte nas Sisargas, 1997, Asociación Cultural Monte Branco/Asociación Neria, O Couto, Cospindo, Ponteceso. Poesía na noite, 1998, Concello de Caldas de Reis. Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra, 2002, Espiral Maior. A Coruña á luz das letras, 2008, Trifolium. De Pondal ao Batallón Literario. 120 anos de poesía na Costa da Morte, 2009, Sotelo Blanco. Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade, 2009, Difusora. Tamén navegar, 2011, Toxosoutos. Versos no Olimpo. O Monte Pindo na poesía galega, 2013, Toxosoutos. 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico). 6 poemas 6. Homenaxe a Federico García Lorca, 2015, Biblos Clube de Lectores. Poesía. Verbo na arria. Homenaxe literaria a Xohan Xesus González, 2016, Fervenza. Os aforismos do riso futurista, 2016, Xerais. Pico Sacro. Ferido polo lóstrego e a lenda, 2017, Alvarellos.
Premios Premio de poesía Johán Carballeira no 2002, ex aequo con Carlos Negro, por Vogar de couse. Premio Antón Zapata García do Concello de Laxe Premio Rosalía de Castro. Premio Meigas e trasgos. Premio Faustino Rey Romero no 2002, por Vaga en espiral. Premio de poesía Anduriña Voandeira no 2003. Premio Manuel Orestes Rodríguez López.
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en As escollas electivas
Categoría:Poetas en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Fisterra Categoría:Nados en 1960 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes