miniatura|300px|Vista da terminal 2.
O Aeroporto de Frankfurt (alemán: Flughafen Frankfurt am Main) (IATA: FRA, ICAO: EDDF) está situado a 12 km do centro da cidade. Construído no ano 1936 e con catro pistas operativas, está xestionado pola compañía de transportes Fraport.
Por tráfico de pasaxeiros é o principal aeroporto de Alemaña, o terceiro de Europa despois de Londres-Heathrow e de París-Charles de Gaulle, e o noveno a nivel mundial. Por tráfico de mercadorías é o segundo a nivel europeo.
Ten o maior número de voos directos a países de fóra de Europa de todos os aeroportos europeos, 275 a 111 países. En 2010 viaxaron polo aeroporto 53,0 millóns de pasaxeiros.
Está prevista a construción da que sería a terceira terminal de pasaxeiros, a partir do 2013 e que entrará en servizo no 2020, para incrementar a súa capacitade ata os 90 millóns de pasaxeiros.
O aeroporto ten dúas estacións de tren, unha rexional e outra de longa distancia. Deste xeito, o aeroporto ten unha ampla influencia territorial, xa que conecta de xeito intermodal a cidade de Colonia en menos de dúas horas, así como as áreas do río Ruhr e de Stuttgart.
Aeroliñas e destinos
Notas
Frankfurt Categoría:Frankfurt