San Martiño de Caboi é unha parroquia do concello de Outeiro de Rei na comarca de Lugo, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 91 habitantes, deles 42 eran homes e 49 eran mulleres, o que supón unha diminución de 2 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.
Étimo O topónimo Caboi deriva do nome dun antigo possessor. No século X este lugar foi referido como Calabogii e uilla Calabogi. En 1173 era Kalaboe, a dicir de Boullón Agrelo, quen non é capaz de determinar se o nome derivaba de Calapodius ou de Calepodius, nome dun mártir e santo católico do século IV, e tamén dun cónsul romano do século V. O mesmo nome era empregado na Cataluña medieval, onde deu orixe ó topónimo Calabuig, documentado como uilla Calapodii no século IXBlog Fror na area, entrada do 31/03/2011.
Historia A aldea de Astariz ostentaba na época sueva o título de "Coto Real" e gobernábase con autoridades propias. Xa na época medieval esta parroquia debeu ser unha fortaleza, aínda se poden apreciar nalgúns lugares restos das murallas e foxos que a rodearon. Tamén hai noticias da existencia dunha torre, hoxe desaparecida.
Patrimonio A Casa de Prado, con pedra de armas na fachada.
Festas Virxe do Socorro, a primeira fin de semana de xuño. San Martiño, 11 de novembro.
Lugares e parroquias Lugares de Caboi
Parroquias de Outeiro de Rei
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Outeiro de Rei
Ligazóns externas Caboi na web do concello de Outeiro de Rei
Categoría:Parroquias de Outeiro de Rei Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Martiño Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía