Santiago de Francos é unha parroquia do concello de Outeiro de Rei na comarca de Lugo, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 76 habitantes, deles 43 eran homes e 33 eran mulleres, o que supón unha diminución de 1 habitante en relación ao ano anterior, 2006.
Toponimia Segundo Nicandro Ares de Francos di J.M. Piel que ten un dobre significado, o de individuos procedentes da Francia ou o de homes libres, alén de descendentes dun home chamado Franco.
Historia No concilio lucense da época sueva, aparece mencionada a "villa de Francos" ao establecer os límites do condado de Sobrada.
Patrimonio O Castelo do Ferreiro. A igrexa parroquial, de orixe románica (da que só se conserva a ábsida). Un cruceiro sito en Reboreda (do ano 1838 ou 1858, a data non está clara).
Festas San Benito, a finais de setembro.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Francos
Parroquias de Outeiro de Rei
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Outeiro de Rei
Ligazóns externas Francos na web do concello de Outeiro de Rei
Categoría:Parroquias de Outeiro de Rei Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Santiago o Maior Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía