San Pedro Fiz de Robra é unha parroquia do concello lugués de Outeiro de Rei na comarca de Lugo. No ano 2015 contaba segundo o IGE con 401 habitantes, deles 195 eran homes e 206 eran mulleres, o que supón un aumento de 7 habitantes en relación ao ano 2007.
Xeografía Bañan as súas terras o rego Piñeiro e o río Miño. Dista 1,6 km da capital municipal. Ten unha altitude máxima de 400 m.
Historia Hai unha referencia a Robra na división de 11 condados da provincia de Lugo, feita polos suevos no ano 569: Ao establecer os límites do condado de Superata (Sobrada) dise que partiría da confluencia "do río Róbera" (Robra) co Miño. En 1112, nun voto real, a raíña Dona Orraca doou á igrexa de Lugo varias vilas, entre elas a de Robra.
Patrimonio A igrexa parroquial de San Pedro Fiz de Robra só conserva da fábrica románica a porta principal e unha fiestra do frontis.
Na parroquia está o caneiro do Piago, orixinal paisaxe aproveitado como lugar de baño e descanso. Neste punto, as augas do río Miño son arrastradas por pequenas cascadas e pendentes. Na súa contorna hai unha minicentral eléctrica de máis de 60 anos.
Festas Romaxe na honra da Virxe das Dores a fin de semana e o luns de Pascua. Festa na honra a San Roque, recuperada no 2001 logo de 20 anos sen festexarse, o 14 e 15 de setembro.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Robra
Parroquias de Outeiro de Rei
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Outeiro de Rei
Ligazóns externas Robra na web do concello de Outeiro de Rei
Categoría:Parroquias de Outeiro de Rei Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Pedro Fiz