San Tomé de Gaioso é unha parroquia do concello de Outeiro de Rei na comarca de Lugo, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 31 habitantes, deles 16 eran homes e 15 eran mulleres, o que supón unha diminución de 2 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.
Xeografía A parroquia está bañada polo río Porto de San Tomé. Os principais accidentes xeográficos son o Monte Lourido (636 m), o Cordal de Porriño (629 m) e o Cordal do Penedo (579 m).
Patrimonio No monte das Medorras, ao sur da parroquia, hai varias mámoas. No monte Coto, no noroeste, hai un asentamento castrexo.
Festas Virxe do Carme, o último domingo de xullo. Festa da Malla, no mes de agosto (dende 1999).
Lugares e parroquias Lugares de San Tomé de Gaioso
Parroquias de Outeiro de Rei
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Outeiro de Rei
Ligazóns externas San Tomé de Gaioso na web do concello de Outeiro de Rei
Categoría:Parroquias de Outeiro de Rei Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Tomé