Caravaca de la Cruz é unha cidade da Rexión de Murcia, capital da comarca do Noroeste. Ten 25.688 habitantes (INE 2007).

A cidade conta co privilexio de celebrar ano xubilar in perpetuum (outorgado en 1998 polo Papa Xoán Paulo II), privilexio que exerce xunto con Roma, Xerusalén, Santiago de Compostela e Camaleño. Celebra o seu xubileu cada sete anos, o primeiro deles en 2003, cando a visitou o entón cardeal Ratzinger, que sería despois papa co nome de Bieito XVI.

Ligazóns externas Web Oficial do Concello de Caravaca de la Cruz Caravaca Jubilar Vive Caravaca

Categoría:Concellos da Rexión de Murcia