O paxto, noutras fontes tamén chamado pashtuEntrada pashtu na Diciopedia do século 21 ou pashtoEntrada pashto no Digalego, é un idioma que pertence ás linguas iranias, dentro do seu grupo oriental e á súa vez do sub-grupo meridional e falado pola etnia paxta. Está emparentado coas linguas do Pamir e un pouco máis afastado do iagnobí e das linguas osetas: o digorés e o iriano. É a lingua máis numerosa en número de falantes do grupo de linguas iranias orientais.

É a lingua oficial de Afganistán (xunto co dari) e falada en Paquistán e na diáspora dos paxtos. Fálana preto de 40 ou 50 millóns de persoas.Ethnologue.com/show_language.asp?code=pbu (informe de Ethnologue). Fálase ademais no occidente de Paquistán.

Está escrito cunha versión modificada do alfabeto persa-arábico chamada nash (nasgh).

Estatuto oficial O paxto desde o 1936 é unha das dúas linguas oficiais de Afganistán, sendo a outra o Dari (Persa)Modarresi, Yahya: Iran, Afghanistan and Tadjikistan". 1911 – 1916. In: Sociolinguistics, Vol. 3, Part. 3. Ulrich Ammon, Norbert Dittmar, Klaus J. Mattheier, Peter Trudgill (eds.). Berlín, De Gryuter: 2006. p. 1915. ISBN 3-11-018418-4 . Nese ano déronselle todos os dereitos a respecto do uso no goberno e na educación, cando ata daquela fora o Persa a lingua empregadaCampbell, George L.: Concise compendium of the world's languages. Londres: Routledge 1999.. En 1964 este estado reafírmase cando a asemblea constitucional cando o persa afgán se lle deu o nome de DariDupree, Louis: Language and Politics in Afghanistan. In: Contributions to Asian Studies. Vol. 11/1978. p. 131 – 141. E. J. Brill, Leiden 1978. p. 131.Spooner, Bryan: "Are we teaching Persian?". In: Persian studies in North America: studies in honor of Mohammad Ali Jazayery. Mehdi Marashi (ed.). Bethesda, Iranbooks: 1994. p. 1983..

En Paquistán, o urdú e o inglés son as dúas linguas oficiais e alí o paxto carece de recoñecemento oficial a nivel federal. A nivel provincial, o paxto é lingua rexional do Khyber Pakhtunkhwa, Áreas tribais administradas federalmente e o Baluchistán no norteSeptfonds, D. 2006. Pashto. In: Concise encyclopedia of languages of the world. 845 – 848. Keith Brown / Sarah Ogilvie (eds.). Elsevier, Oxford: 2009.

O sistema de escrita O paxto emprega o alfabeto paxto, unha variación do alfabeto persa, e que á súa vez deriva en parte do alfabeto árabe. Ten letras adicionais para sons específicos do paxto. Desde o século XVII, o paxto escribiuse principalmente coa sistema Nashk e non co sistema Nasta'liq das lindeiras linguas persas e urdú.

O alfabeto paxto componse de 44 letras e catro marcas diacríticas. Na seguinte táboa dánse as formas illadas das letras xunto coas súas equivalentes do sistema latino e os valores da IPA: Nome Transliteración AFI Final Media Inicial Illada / / / / varios, incluíndo * ﺍ / / / / / / / / / / / / / , ,

Dialectos Meridional occidental: Meridional oriental: Setentrional occidental: Setentrional oriental:

Fonoloxía Vogais

AnteriorCentralPosteriorPechada MediaAberta

O paxto ten tamén os ditongos: /aj/, /əj/, /aw/

Consoantes Labial Dental Retroflexa Post-alveolar Palatal Velar Uvular Glotal Nasal Oclusiva Fricativa Africada Aproximante Rótica

Exemplos Asalam u alaikum - Ola Ho - Si Na - Non Manana - Graciñas Wobaxa - Síntoo Stanum tse dæi? - Como te chamas? Zema num... dæ - Chámome ... Tha tsanga yei? - Como estás? kala? - Onde? Tso bajy dhi? - Que hora é? Sahar - mañá (substantivo) Saba - mañá (adverbio) Pir/doshambá - luns Naha/Mangle - martes Yakshambá/atwar - domingo

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Wikipedia en paxto Bibliografía Tegey, Habibullah; Robson, Barbara: Pashto Reader Passages in Transcription, 1992. Center fo Applied Linguistics, Washington D.C. Tegey, Habibullah; Robson, Barbara: Beginning Pashto Textbook and (Revised Editions), 1993. Center fo Applied Linguistics, Washington D.C. Tegey, Habibullah; Robson, Barbara: Pashto Conversation Manual and Tapescript, 1993. Center fo Applied Linguistics, Washington D.C., Department of Education, Washington D.C. Tegey, Habibullah; Robson, Barbara: Intermediate Pashto Textbook and Workbook (Revised Editions), 1993. Center fo Applied Linguistics, Washington D.C. Tegey, Habibullah; Robson, Barbara: Pashto-English Glossary for the CAL Pashto Materials, 1993. Center fo Applied Linguistics, Washington D.C.''

Categoría:Linguas indoeuropeas Categoría:Linguas de Afganistán Categoría:Linguas de Paquistán