Santiago de Estraxiz é unha parroquia do concello de Samos na comarca de Sarria, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 71 habitantes (36 homes e 35 mulleres), 3 menos ca no ano anterior.
Patrimonio A igrexa parroquial de Santiago de Estraxiz é de orixe románica, pero foi reconstruída posteriormente. Posúe un retablo de estípites do século XIX, unha escultura da Virxe co Neno, do século XIV e unha figura de Cristo do século XV.
Lugares e parroquias Lugares de Estraxiz
Parroquias de Samos
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Samos
Categoría:Parroquias de Samos Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Santiago o Maior