Condado Autónomo Taxico de Taxcurgán (sariculés Toshqurghon Tujik Oftunum Noja en IPA2 /tɔʃqyrʁɔn tuʤik ɔftunum nɔja/; uigurتاشقۇرقان تاجىك ئاپتونوم ناھىيىسى/Tashqurqan Tajik Aptonom Nahiyisi/Taxk̡urk̡an Tajik Aptonom Nah̡iyisi,chinés 塔什库尔干塔吉克自治县, pinyin Tǎshìkù'ěrgàn Tǎjíkè zìzhìxiàn; ás veces escrito Taxkorgan, Tashkorgan, Taschkurgan etc., dependendo de que lingua use a fonte) é un dos condados da Prefectura de Caxgar (Kashgar) ao oeste de Xinxiang.
Xeografía O Condado de Taxcurgán sitúase na parte oriental da meseta do Pamir, onde o Cunlún (Kunlun), Kara Kunlun, Hindukux e as montañas de Tian Xan conflúen, facendo fronteira co Afganistán (Corredor do Vaghán (Vaxan), co Tadjiikistán (Provincia Autónoma do Badaghxán Montañoso) e a parte paquistaniana da Caxemira. A capital do condado é a Cidade de Taxcurgán.
A extensión territorial do condado é 178 quilómetros do norte ao sur, e 140 quilómetros do leste para o oeste, a área total é aproximadamente 52.400 km², nunha altitude media por riba de 4.000 metros.
Clima A temperatura media é de 3.3 °C, con veráns máximos arredor de 32 °C e invernos con mínimas arredor de -39 °C; precipitacións medias son de 68.3 mm.
Poboación A poboación total de Taxcurgán é de 27.800 habitantes, dos cales un 84% son sariculís (tamén chamados taxicos chineses ou taxicos]], pobo pamir, un 4% son han e un 12% doutras etnias. (Datos oficiais de 1995).
Historia
Durante a Dinastía Han, Taxcurgán era coñecida co nome de Pulí (Púlí 蒲犁); durante a Dinastía Tang, foi un protectorado dos Partos, durante a Dinastía Yuan formou parte do Imperio Chaghatai (Ghanato de Chaghatai). O condado Autónomo Taxico de Taxcurgán foi creado en 1954 e forma parte da Prefectura de Caxgar (Kashgar).
Principais Cidades Convencional Sariculés (in IPA) Uigur () Uigur () Chinés PinyinTaxcurgán塔什库尔干Tǎshìkù'ěrgànTiznaf提孜那甫TízīnàfǔBaldir Brinsol Tin Mazar 麻扎Mázhā
Véxase tamén Lingua sariculesa
Ligazóns externas https://web.archive.org/web/20080408191030/http://www.tashkurgan.cn/ Páxina oficial do Goberno autónomo do Condado Autónomo Taxico de Taxcurgán, (en chinés).
División Administrativa da República Popular China