miniatura|Cría de gansos nunha granxa. A avicultura é a práctica de coidar e criar aves como animais domésticos, xeralmente papagaios de compañía, e a cultura que existe ao redor desta actividade. A avicultura céntrase xeralmente non só na crianza de aves, senón tamén en preservar o hábitat aviar e nas campañas de concienciación pública.
O significado máis concreto da avicultura fíxoo Jean Delacour.
Hai varias razóns polas que as persoas se involucran na avicultura. Algúns criadores crían aves para preservar especies e outros fano como negocio.
Avicultura: "A afección mundial de manter e criar a especie máis numerosa de paxaros salvaxes en cativerio para manter o seu estado numérico en natureza co propósito de previr a súa extinción".
Dentro da avicultura inclúese a cativa de aves de adorno: Canaricultura: arte de criar canarios (Serinus canarius). Canaricultura de Canto Roller Malinois Timbrado español Canaricultura de Cor Canaricultura de Postura Silvestrismo: captura ou cativa de aves silvestres en catividade (xílgaros, lugáns etc...). Cativa de exóticos: cativa de aves que son alleas ao país ou rexión en cuestión (por exemplo en Europa son exóticas: Erythrura gouldiae, cardenaliño de Venezuela, diamantes mandarín, isabeliña do Xapón, tórtolas diamante, paddas etc...).
Sociedades avícolas
Hai sociedades avícolas en todo o mundo, pero xeralmente máis en Europa e Estados Unidos de América.
Galería
Véxase tamén
Outros artigos Galiña Ave de curral Colombofilia