A Veronza é un lugar da parroquia de San Miguel de Carballeda, no concello de Carballeda de Avia, na comarca do Ribeiro. Tiña 39 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 17 eran homes e 22 mulleres. Iso supón unha diminución da poboación respecto a 2010, cando tiña 44 habitantes (21 homes e 23 mulleres).

Xeografía Está dividido en dous núcleos, dos que na actualidade só un deles está habitado, A Veronza Grande. A súa poboación en 2007 era de 63 persoas (35 home e 25 mulleres)Instituto Nacional de Estadística.

Patrimonio Conta cunha capela adicada a san Lourenzo, en honra do que se celebra unha romaría os días 9, 10 e 11 de agosto. A noite do 9 celébrase unha procesión de fachos. O regato de Maquiáns cruza o lugar, e na súa parte alta hai varios muíños antigos, e ao seu carón unha área recreativa.

Lugares e parroquias Lugares de Carballeda

Parroquias de Carballeda de Avia

Notas

Categoría:Lugares de Carballeda de Avia Categoría:Carballeda de Avia poboación 2011