miniatura|Horto Unha horta é un cultivo de regadío, moi frecuente nas veigas dos ríos por ser un tipo de agricultura que require abundante auga. Unha horta familiar de pequena extensión recibe tamén o nome de horto.
Os principais cultivos das hortas adoitan ser as hortalizas, verduras, legumes e, ás veces, árbores froiteiras.
A ciencia que estuda as hortas denomínase horticultura.
Horto urbano
A práctica de manter pequenos hortos urbanos estase estendendo entre as familias de escasos recursos, xeralmente habitantes de zonas urbano marxinais.
Moitas veces a finalidade destes hortos, propiciados por entidades gobernamentais e ONGs, non é a de suplir unha cantidade importante de alimento senón que máis ben a de promover unha diversificación dos hábitos alimentarios.
No horto orgánico frecuentemente aplícanse técnicas orgánicas, evitando o uso de herbicidas e insecticidas (biocidas), recreando un ecosistema que se sostén coa diversidade dos cultivos, a rotación dos mesmos e a achega de fertilizantes orgánicos.
miniatura|Horto urbano en produción nun barrio marxinal de Guayaquil. A agricultura urbana brinda un marco no cal a familia, veciños, ou grupos afíns poden aprender a observar e facilitar os procesos naturais (sementeira, crecemento, coidados, floración-reprodución, colleita, conservación, elaboración de alimentos...). Ademais de ter propósitos produtivos, ten un contido educativo e reconstrutivo, axuda a fortalecer a integración e o traballo en equipo e recuperar a estima, así tamén como promover hábitos nutricionais saudables. Téndese a lograr un sistema de produción continua no que se achega traballo e coñecemento todo o ano e se obteñen hortalizas frescas, froitas e herbas aromáticas para a inxestión diaria.
A horta na cultura popular galega A caste da horta sai da corte pola porta. A horta de outono mantén ó seu dono. Este ir e vir á horta traime morta. Horta de pasatempo, quer tempo. Horta de San Martiño, mantén ó seu dono e mais o veciño. Horta e torta, moza e poldra e muller que mira mal, quérense saber tratar. Horta sen auga, casa sen tellado e muller sen amor, non se sabe que é pior. Nace na horta o que non sementa o hortelán. Parvo é quen entra na horta e non come froita.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego-castellano. Galaxia, Vigo 1958-1961.
Outros artigos Hortaliza Horticultura
Categoría:Agricultura Categoría:Horticultura