Nomes e voces, nomeado inicialmente As vítimas, os nomes, as voces e os lugares é un estudo que pretende recoller o número total de mortos e procesados en Galicia como consecuencia do Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, así como as circunstancias que rodearon a súa morte ou axuizamento. Da elaboración do informe encargouse unha comisión formada por membros das tres universidades galegas,As vítimas, os nomes, as voces e os lugares, Vieiros, 11/4/2006. coordinados polo historiador Lourenzo Fernández Prieto, a instancia da Consellería de Cultura.

Cifras

Segundo os datos do informe,Informe en xaneiro de 2012 de Nomes e voces 17/4/18 como consecuencia do levantamento golpista morreron en Galicia 4.699 persoas, das cales 4619 foron homes e 80 mulleres. Outras 7.403 (7.124 homes e 274 mulleres) foron procesadas.

Fontes O equipo empregou como fontes para a súa investigación as causas militares datadas entre os anos 1936 e 1939 das xurisdicións de Terra e da Armada da IV Rexión Militar (Ferrol), os rexistros civís de toda Galicia, xunto co de Zamora e Pasaia (Guipúscoa), así coma a bibliografía sobre a época. A maiores, realizaron 349 entrevistas en Galicia, Asturias, Barcelona, a Arxentina, Cuba e o Uruguai.

Recoñecementos Premio Galiza Mártir da Fundación Alexandre Bóveda en 2013. Premio da Crítica de Galicia de Investigación en ciencias sociais e humanidades, 2024.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Asalto do bou Eva Nuevo Emden O Barco da Memoria

Ligazóns externas Sitio web do proxecto Informe provisional , en xaneiro de 2012 de Nomes e Voces O franquismo non ten herdeiros, pero hai temor a remover o pasado, entrevista con Lourenzo Fernández Prieto, director do proxecto.

Categoría:Guerra civil española en Galicia Vitimas, os nomes