miniatura|300px|Monumento a Alexandre Bóveda no lugar onde foi fusilado o 17 de agosto de 1936 Durante o franquismo aplicáronse en Galicia, de maneira variable segundo o período histórico, varias formas de represión. A fase máis dura foi a que coincidiu coa Guerra civil española e o momento da inmediata posguerra.

Mortes miniatura|Na memoria dos "Homiños de Boimorto", memorial na rotonda dos Batáns (Ames). O número exacto de mortes causado pola represión franquista en Galicia é descoñecido debido a problemas para identificar as vítimas, en especial debido á política de ocultamento e silencio que levou a cabo o réxime. A maioría de mortes foron de carácter extraxudicial, o cal permitía camuflalas nos rexistros oficiais.

O estudo máis completo que existe até o día de hoxe é o do proxecto interuniversitario "Nomes e Voces", que estudou a represión durante a época da guerra civil (1936-1939). Este proxecto tivo que rematar en 2013 por falta de apoio institucional.M. L. (2013). O Proxecto Nomes e Voces abafado polo PP despois de sete anos de recuperar a memoria . Sermos Galiza. O último informe, con resultados provisionais, emitido polo equipo do proxecto concluíu que durante a guerra foron executadas en Galicia cando menos 4.699 persoas e outras 3.566 condenadas a penas de prisión en consello de guerra por delitos relacionados co conflito.Informe do proxecto As vítimas, os nomes, as voces e os lugares , de xullo do 2008 (pdf) Datos actualizados en xaneiro de 2012. Dos 4.699 mortos, 4.619 foron homes e 80 mulleres.

O informe clasifica os falecidos en dous bloques, segundo as circunstancias da morte:

circunstancias Mortes Extraxudicial (paseados, execucións sen formación de causa, morte na cadea, mortes en tiroteos) 3.233 Execucións 1.466

Existen outros estudos que dan cifras aproximadas do alcance da represión mortal en Galicia, incluíndo polo xeral tamén ás execucións posteriores á guerra.

Ámbito territorial Represión franquista A Coruña 1.165Base de datos do proxecto "Nomes e Voces", 2012.1.579 Lugo 625Juliá, S., & Casanova, J. (1999). Víctimas de la guerra civil. Temas de Hoy.Blanco, M. J. S. (1998). La represión franquista en la provincia de Lugo: 1936-1940 (Doctoral dissertation, Universidade de Santiago de Compostela). Pontevedra 1.200-2.000de Juana López, Jesús (2006). Lo que han hecho en Galicia: Violencia política, represión y exilio, 1936-1939. Barcelona: Editorial Crítica. Pages 160-164.2.500Pereira, D. (2004). A represión franquista na provincia de Pontevedra (1936-1950). Unión libre: cadernos de vida e culturas, (9), 33-45.Alonso Fernández, B.; Rodríguez Gallardo, A.; Paz Antón, X. R.; Pereira, D.; Álvarez Caccamo, X. M.; Rodrígues, A.; Gonçalves, A.; Meixome, C.; Alonso, B.; Marco, A.; Domíngues, J. (2008). O Miño, unha corrente de memoria: actas das Xornadas sobre a Represión Franquista no Baixo Miño, (2006-2007). Ponteareas: Editorial Alén Miño. OurenseRodríguez, J. P. (2004). Ourense, 1936-1939: alzamento, guerra e represión. Ed. do Castro. Page 573. 626-742 Toda Galicia 3.6164.265Preston, P. (2011). El holocausto español: odio y exterminio en la Guerra Civil y después. Debate.4.6995.4465.800Alonso, B. (1997): Idade contemporánea (século XX). In: Historia Xeral de Galicia. A Nosa Terra. pp. 377. ISBN 97884891389954.500-7.000Rodríguez, J. P. (2006). Rebelión militar y represión franquista en Galicia. Studia historica. Historia contemporánea, 24.7.000-8.000Farías, R. (2007). Sucumbir a merced de la calumnia y la infamia": represión, pauperización y muerte entre la Guerra Civil española y la década de 1940. A Estrada: Miscelánea histórica e cultural, (10), 163-186.

Tamén existen estimacións de carácter local ou comarcal. Cifras a nivel local e comarcal Igualmente moitos dos datos máis fiábeis son os de ámbito local ou comarcal.

Concello ou comarca Período MortosA Coruña (comarca)Fernández Prieto, L. (2011). A represión franquista na comarca da Coruña. Ames: Laiovento. Pages 233-242. 1936-1939 595 FerrolterraMáiz Vázquez, B. and Manuel Suárez, X. (2018). Listaxe memorial de vítimas do franquismo . Ferrol: Concello de Ferrol. 1936-1976 984 PontevedraÁlvarez Castro, X. (2013). Pontevedra nos anos do medo: Golpe militar e represión (1936-1939). Vigo: Xerais. 1936-1939 200 O Baixo Miño 1936-1941 552 O Condado-A ParadantaRodríguez Gallardo, A. (2006). O ruído da morte: a represión franquista en Ponteareas (1936-1939). A Coruña: Ediciós do Castro. 1936-1939 71 O PorriñoPaz Antón, X. R. (2007). O Porriño, 1936. A Nosa Terra. ISBN 9788483411575 1936-1940 74 Salceda de CaselasPaz Antón, X. R. (2019). Salceda de Caselas republicana, 1936. Concello de Salceda de Caselas. 1936-1939 39 O GroveMascato, A. (2006). Atila no Grove. (Crónica política e Memoria da masacre (1923-1948). Edicións Positivas. 1936-1948 25 CerdedoPereira, D. (2006). [http://www.igmemoria.com/uploads/1/9/6/2/19629509/a_ii_republica_e_a_represion_franquista_en_cerdedo.pdf A II República e a represión franquista no Concello de Cerdedo] . Asociación Ecoloxista e Cultural de Terra de Montes "Verbo Xido". p. 29 1936-1941 18 SoberVítimas do franquismo en Sober Sober1936. 1936-1940 18

Prisión e campos de concentración Artigo principal: Campo de concentración#En Galicia durante a Guerra civil

A inxente cantidade de presos xerada polo golpe de estado non podía ser absorbida polas prisións que xa existían previamente. Isto fixo que os golpistas habilitasen numerosos edificios como novas prisións e creasen varios campos de concentración ao longo do territorio galego. Máis tarde, en especial coa caída da Fronte do Norte da guerra civil española en 1937 moitos destes campos foron usados para recluír aos presos de guerra republicanos dos novos territorios conquistados. As condicións nos campos de concentración eran paupérrimas.

As epidemias, tortura, execucións e fame causaron a morte de moitos presos.Gómez, F. M. (2015). La gran acción represiva de Franco que se quiere ocultar. HISPANIA NOVA. Primera Revista de Historia Contemporánea on-line en castellano. Segunda Época, 183-210. Destacan exemplos como o da Illa de San Simón, onde dun total de 2.176 presos morreron 666 a causa da fame e as privacións, é dicir, un 30,6% do total.Amoedo López, G., & Moure, R. G. (2007). Episodios de terror durante a Guerra Civil na provincia de Pontevedra. A illa de San Simón. Xerais. p. 70 A estes hai que engadirlles os case 300 presos do mesmo campo de concentración que foron asasinados.Rodríguez Gallardo (2006), p. 161 No Campo de concentración de Camposancos foron fusilados sobre uns 250 presos entre 1938 e 1941.Alonso Fernández, B.; Rodríguez Gallardo, A.; Paz Antón, X. R.; Pereira, D.; Álvarez Caccamo, X. M.; Rodrígues, A.; Gonçalves, A.; Meixome, C.; Alonso, B.; Marco, A.; Domíngues, J. (2008). O Miño, unha corrente de memoria: actas das Xornadas sobre a Represión Franquista no Baixo Miño, (2006-2007). Ponteareas: Editorial Alén Miño. p. 224

Algúns campos de concentración e prisións franquistas que existiron en Galicia foron: Illa de San Simón Campo de concentración de Camposancos Mosteiro de Santa María de Oia Campo de concentración de Arnao Mosteiro de Santa María de Oseira Mosteiro de San Salvador de Celanova Campo de concentración da Lavacolla Mosteiro de San Clodio de Leiro Vello Cárcere de LugoHernández, C. (2017). La cárcel franquista de Lugo reabre sus puertas convertida en un centro para la memoria. eldiario.es Presidio da Escollera de Ferrol Castelo de San Filipe de Ferrol

Exilio galego Artigo principal: Exilio galego de 1936

Miles de galegos tiveron que abandonar o país como consecuencia directa do triunfo do golpe de 1936. Os destinos foron diversos, destacando Francia, México, o Uruguai ou a Arxentina. Os exiliados continuaron desenvolvendo unha importante actividade política, creando institucións coma o Consello de Galiza en 1944.

Represión antiguerrilleira Despois da guerra algúns opositores ao réxime, en particular os fuxidos que vivían nas montañas, formaron un movemento armado de resistencia ao franquismo coñecido como "Guerrilla antifranquista" ou "Maquis". A represión contra este movemento tamén afectou a aquelas persoas, ou familias enteiras, percibidas como colaboradoras da guerrilla. Numerosos guerrilleiros capturados foron fusilados.

Represión lingüística e cultural Na guerra e primeiros anos de posguerra, o réxime perseguiu de forma sistemática a lingua e a cultura galega, sobre todo na administración, nos medios de comunicación, na escola, na universidade, na sinalización pública e en xeral en toda manifestación pública.Preston, P. (2007). The Spanish Civil War: reaction, revolution and revenge. WW Norton & Company. Os nomes propios non casteláns foron ilegais até 1976Barreiro Carballal, C. (2014). Luchas de ayer, disputas de hoy y desafíos de mañana, Editorial Cultiva Libros S.L., os funcionarios tiñan prohibido falar outro idioma que non fose o castelán, e tamén se prohibiu a exhibición de películas que non estivesen nesta lingua.Juvino, F., & Pilar, M. (2008). A Represión lingüística en Galiza no século XX. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. Os principais axentes represivos no caso galego a nivel lingüístico eran, porén, a Igrexa Católica e a escola.Rei, F. F. (2016). Situación da lingua galega desde 1963 á actualidade. Lengas. Revue de sociolinguistique, (79). Esta última ridiculizaba á lingua e aplicaba duros castigos contra os nenos que a falaban en clase.da Torre, M. R., & Silva, X. M. B. (2016). A repressão franquista na língua galega. A desfeita de uma realidade linguística, cultural e nacional. Caracol, (11), 10-37. Prohibíronse publicacións en lingua galega e multouse a xornais (entre eles La Voz de Galicia) por dar premios a poemas en galego.Murado, M. A. (2008). Otra idea de Galicia. Debate Editorial. P. 186.

Represión tardofranquista No tardofranquismo (finais dos 60-1977) produciuse unha repunta da represión, tras a relativa calma dos anos anteriores. A causa destas novas vagas represivas foi o aumento da oposición e das protestas populares, así como a reorganización da disidencia (por exemplo, a aparición nos 60 de novos partidos como a Unión do Povo Galego ou o Partido Socialista Galego ou sindicatos clandestinos como Comisións Obreiras). Esta represión implicou un aumento da cantidade de presos políticos, un novo fenómeno de exilio e varias mortes.

As primeiras grandes mobilizacións ocorreron na primeira década dos 60. En 1963 os labregos de Mazaricos protestaron contra a intención de facer repoboacións forestais en varios montes tradicionalmente aproveitados para o pasto do gando. Tras ameazar coas súas fouces aos enxeñeiros que facían a demarcación para a repoboación forestal, interveu a Garda Civil co resultado dun campesiño morto e varios feridos.Publicación Murguía (2006). A epopea esquecida do campesiñado galego. Vieiros. En 1966 produciuse o conflito de Castrelo de Miño, onde os veciños loitaron contra as expropiacións e a construción dun salto hidroeléctrico que anegaría o seu val, sendo varios veciños acusados de sedición e xulgados no Tribunal de Orde Pública (TOP).Outeiriño, M. (2016). Castrelo en pie de de guerra (1966): "Muchos lloraron al ver el agua". La Región.