é unha personaxe do manga e anime Naruto. É unha das personaxes principais da historia. Entrou a formar parte da Organización Akatsuki tras matar a tódolos integrantes do seu clan (incluídos os seus pais), excepto o seu irmán. O que fixo que fose incluído na lista de criminais máis perigosos, que deben ser eliminados inmediatamente. Leva o anel Akatsuki .
Habilidades miniatura|125px|O Sharingan de Itachi antes do seu Mangekyō Sharingan. miniatura|125px|Imaxe do Mangekyō Sharingan de Itachi Uchiha. Dentro da serie, Itachi é famoso polo seu dominio de tódalas habilidades ninja. A súa habilidade para executar velozmente os ataques é unha das súas moitas habilidades, ademais de falar antes de facelos. Polo xeral Itachi non participa nas batallas, senón que adopta a posición de estudar os movementos do inimigo para tomar precaucións e facer estratexias que permitan derrotalo do xeito máis sinxelo.
Como todo Uchiha, Itachi posúe un Sharingan; técnica ocular coa que é quen de copiar todo tipo de técnicas dos seus inimigos, logrando anticiparse ós movementos do contrario e velos por moi rápidos que sexan. Madara Uchiha díxolle a Itachi que había un poder máis elevado que o Sharingan normal, o Mangekyō Sharingan, pero que o obtería cunha condición: asasinar o seu mellor amigo. O Uchiha asasina ó seu mellor amigo (Shisui Uchiha) e desta forma fai que o Sharingan avance ó seu seguinte nivel: o Mangekyō Sharingan. Cando o activa, o Mangekyō Sharingan cambia totalmente a aparencia do Sharingan e concédelle a Itachi habilidades derivadas da Mitoloxía xaponesa. O primeiro, o , é un genjutsu de avanzado nivel que permite ó que o usa controlar a mente do inimigo facéndolle crer que está sendo torturado nun mundo creado polo usuario. O segundo, , xera lapas negras no punto focal que non se extinguen ata ter queimado e destruído totalmente o seu obxectivo. A técnica final, , crea unha gran criatura etérea e esquelética que progresivamente se converte nun ser chameante de pronunciado fociño e demoníaca faciana; esta criatura pode protexer ó seu invocador dos ataques e pelexar por el. A pesar da eficacia das técnicas, o Mangekyō Sharingan deteriora a vista do usuario con cada uso, ata deixalo cego.
Misións completas Rango D: 54 Rango C: 152 Rango B: 134 Rango A: 96 Rango S: 1
Historia Primeira parte
Inicios no Clan Uchiha
Dende neno Itachi foi considerado coma un xenio nas artes ninja. Gradouse na Academia de Ninja á curta idade de 7 anos e espertou o seu Sharingan con tan só 8 anos, sendo con 10 anos ascendido a Chūnin.
Para facerse unha idea do poder de Itachi abonda dicir que o corpo que realmente quería Orochimaru para ser o seu colector era o de Itachi, pero non puido tomar o corpo de Itachi xa que era demasiado poderoso. Tamén se viu case forzado a abandonar Akatsuki cando se incorporou Itachi a esta Organización.
Á idade de 13, ante a insistencia do seu pai, policía de Konoha, comeza a facer misións como ANBU até converterse en capitán (Taicho) dun escuadrón ANBU.
Neste tempo cando a decepción de Itachi co seu clan comeza a facerse latente. Fai entender que é porque estanse a conformar co poder que teñen sen tentar explotar ao máximo as súas habilidades.
A Decepción de Itachi
A medida que pasa o tempo Itachi sente máis incómodo e decepcionado co seu clan, ata que un día prodúcese unha reunión dos Uchiha á que Itachi rexeita ir argumentando que ten unha misión moi importante.
Ao día seguinte, uns policías membros do clan Uchiha preséntanse na casa dos pais de Itachi para preguntarlle a este pola súa ausencia e a do seu mellor amigo, Shisui Uchiha, o cal aparecera morto: en teoría, matárao Itachi.
Os investigadores da policía comezan a insinuar que Itachi podería estar involucrado nesta morte, o cal acaba por desatar a furia de Itachi, que lles pega unha malleira para acabar lanzando un kunai contra un dos emblemas do clan pintado nunha parede.
A furia contra o seu clan xa non ten remedio e Itachi está decidido a "facer algo" por el e o seu irmán máis novo.
O exterminio dos Uchiha, o Mangekyō Sharingan
Un día, aproximadamente un ano máis tarde, ao volver Sasuke da escola, empeza a ter a sensación de que algo malo estaba a pasar ao non atopar ningunha luz acendida da xente do seu clan e dirixiuse rapidamente cara á súa casa.
Ao chegar alí atopouse cun panorama que lle vai a deixar marcado polo resto da súa vida, o seu irmán Itachi acababa de asasinar a todos os Uchiha incluídos o seu pai e a súa nai, estando aínda ao seu carón cando changa.
O pequeno Sasuke, posuído polo pánico, decide escapar tentando salvar a súa vida, pero o seu irmán crúzase no seu camiño é entón cando Itachi mostra ao seu irmán por que matou o seu mellor amigo e cóntalle por que presuntamente exterminou tamén a todo o clan: O Mangekyō Sharingan (Itachi cre que é necesario matar ao seu mellor amigo para obtelo) e simplemente probarse a si mesmo cales son os seus límites.
Cando o Mangekyō (caleidoscopio) élle revelado a Sasuke este mergúllase nun Genjutsu(o Tsukuyomi) que o leva a ver a morte dos seus pais unha e outra vez. Cabe destacar que Itachi non matou a Sasuke por que segundo el non valía a pena matalo e antes de deixar a cidade de Konoha. Itachi declara anos máis tarde que non matou a Sasuke grazas a que sería a súa "Nova luz", debido á cegueira que produce o facer uso do Mangekyō Sharingan e á influencia da historia de Madara sobre el, aínda que resulta ser unha mera escusa.
Itachi dá un último consello a Sasuke coas seguintes palabras:
A procura de Naruto e o reencontro con Sasuke
Cando Itachi abandona Konoha convértese, segundo o libro do Bingo, nun criminal de clase-S e un ninja renegado polo que decide unirse a unha misteriosa organización chamada Akatsuki. Nesa organización, coma os demais membros, Itachi porta un anel. O seu lévao no dedo anular da man dereita e ten o símbolo .
En Akatsuki, Itachi vai acompañado de Kisame Hoshigaki, un ninja renegado da Aldea Oculta da Néboa, con el chega a Konoha trala guerra contra Orochimaru en busca de Naruto Uzumaki e o Kyūbi, atopándose con Asuma e Kurenai, que resultan moi sinxelamente derrotados pola parella Akatsuki. Pouco despois fai acto de presenza Kakashi Hatake, que tamén resulta derrotado polo Tsukuyomi do poderoso Mangekyō Sharingan do Uchiha. Coa chegada de Maito Gai ambos os ninjas foxen, rexeitando segundo Itachi "comezar unha guerra".
Cando Sasuke Uchiha decátase do seu retorno decide a ir buscalo para matalo e marcha tras Naruto e Jiraiya que foran a buscar a Tsunade. Sasuke atopa ao seu irmán nunha pousada, onde trata de matalo co seu recentemente adquirido Chidori. Porén a diferenza de poder aínda é abismal e Itachi derrota humillantemente ao seu irmán, o que puxará a Sasuke a ir tralo poder que Orochimaru lle ofreceu.
Itachi e Kisame forzados por Jiraiya ven obrigados a retirarse grazas ao Amaterasu do Uchiha durante un tempo.
Segunda Parte O secuestro de Gaara
Volvémonos a atopar a este misterioso personaxe e o seu compañeiro cando realizan unha técnica cuns corpos sacrificados para facer perder tempo ao equipo de Kakashi Hatake, que vén recuperar a Gaara, que foi secuestrado por Akatsuki, para conseguir o Shukaku, o Ichibi (unha cola), selado dentro del. Esta copia de Itachi detén a Chiyo, Sakura, Naruto e Kakashi durante un tempo coas súas técnicas Katon entre outras, finalmente Kakashi inmobilízao e Naruto derrótao co seu Odama Rasengan.
A derrota de Orochimaru e a formación de Hebi
Itachi segue á procura dos demais jinchurikis. Nunha reunión descobre que Orochimaru foi asasinado polo seu irmán máis novo Sasuke e recoméndaselle que estea atento porque seguramente sexa o seguinte obxectivo deste.
Posteriormente, baixo a choiva nunha tormenta, ao insinuarlle Kisame que Sasuke está morto tras a súa batalla con Deidara e que el é agora o último Uchiha, Itachi rexéitao, alegando que Sasuke segue con vida. Atópase con Naruto no bosque, dicindo que só quere falar con el, ao cal este último négase, e atácao. Itachi atrápao nun genjutsu e pregúntalle para que desexa atopar a Sasuke e respóndelle que el o considera como un irmán, ao que Itachi nada sorprendido, sorrí. Itachi interroga a Naruto sobre a posibilidade de matar ao seu irmán se Sasuke atacase Konoha sendo influenciado, Naruto responde que buscará unha maneira de detelo sen matalo, e Itachi sorrindo cédelle unha parte do seu poder, rogando porque nunca teña que facer uso do mesmo.
Itachi desfai o genjutsu para atoparse con Sasuke no mesmo bosque onde se escondía, Sasuke quere pelexar contra Itachi e atácao co seu Chidori. Itachi, desvanecéndose, dille que o verá no agocho dos Uchiha para o seu encontro final. Finalmente, e mentres Kisame detén ao resto do equipo Hebi, Sasuke e Itachi atópanse na gorida Uchiha e disponse a librar a batalla final.
Itachi contra Sasuke
A batalla comeza con Itachi superando fisicamente ao seu irmán e arroxándoo contra o chan, Sasuke reponse e usa o seu Chidori no chan para forzar a Itachi a saltar para atravesalo coa súa espada no aire e empalalo no chan. O irmán máis novo desexa preguntarlle algo a Itachi, pero revela estar a usar un genjutsu, o verdadeiro non se moveu do trono... pero nese momento é atravesado desde atrás por Sasuke, que usara un genjutsu cun bunshin de serpes previamente, dándolle a oportunidade de traspasar o trono desde atrás.
Itachi sorpréndese de que Sasuke evite os seus puntos vitais. O pequeno Uchiha interrógao sobre quen lle axudou a acabar con todo o seu clan, o terceiro usuario do sharingan. Itachi responde que foi Madara Uchiha, un dos fundadores de Konoha. Ante a incredulidade de Sasuke, Itachi responde que eses pensamentos foron os que levaron ao seu irmán máis novo a crer que era un bo irmán, o Itachi traspasado revela ser outro genjutsu pero Sasuke ve a través del e lanza un Chidori para mostrar que sabía isto. Itachi laméntase de que Sasuke aínda non teña os seus mesmos ollos, pero este incítao a usar o seu Mangekyo Sharingan sobre el, Zetsu observa a batalla escondido e mostra que ningún se moveu pois todo foi un intercambio de genjutsus, Itachi revela que a medida que se usa o Mangekyo, o usuario achégase progresivamente á cegueira, Sasuke aclara que ese é o prezo a pagar por controlar a Kyubi, cousa que satisfai ao seu irmán, que responde a Sasuke sobre Madara nomeándoo como aquel que controlou a Kyubi, o seu cómplice, o seu mestre e ser inmortal, o primeiro usuario do Sharingan e aquel que coñece o seu máximo segredo. Conforme fai isto, Itachi desprega o seu propio Mangekyo Sharingan e Sasuke prepárase para afrontalo.
Sasuke interroga a Itachi sobre Madara e este cóntalle a historia de Madara Uchiha e o seu irmán, cuxa competitividade os levou a espertar o seu Mangekyo Sharingan e a facerse co dominio do clan, no entanto Madara perdeu a vista e na súa tolemia arrincoulle os ollos ao seu irmán para volver ver, obtendo un Mangekyo Sharingan eterno, co que dominou outros clans e fundou Konoha co clan Senju. Posteriormente sería derrotado por Hashirama Senju. Itachi explica a Sasuke que o clan Uchiha esta desde os seus inicios manchado por esta liña de sangue, e que é a outra cara do clan, e que o motivo para que deixase vivo a Sasuke, é por que necesitaba os ollos do seu irmán para lograr a metamorfose perfecta, o Mangekyo Sharingan eterno. Este finalmente compréndeo e desfaise da súa capa e véndaa da súa cabeza, listo para a batalla.