San Pedro de Barán é unha parroquia do concello de Paradela na comarca de Sarria, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 129 habitantes, deles 64 eran homes e 65 eran mulleres, o que supón unha diminución de 2 habitantes en relación ao ano anterior, 2006. En 2021 tiña 114 habitantes segundo o INE.
Patrimonio O Castro de Barán, onde se atoparon valiosos restos en 1930.
A igrexa parroquial de San Pedro de Barán é barroca do século XVIII. No lintel aparece a data de 1786. O retablo maior é do século XVI. A nave é a dúas augas, con entaboado abovedado; o frontispicio esvelto, porta alintelada, ventanal cadrado, espadana a dous vans protexidos por balaustrada de granito e acripterios elegantes. Ten unha pía bautismal con gallóns oblicuos.
Lugares e parroquias Lugares de Barán
Parroquias de Paradela
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Paradela
Ligazóns externas Barán na web do concello de Paradela
Categoría:Parroquias de Paradela Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Pedro