Santa María de Francos é unha parroquia do concello de Paradela na comarca de Sarria, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 40 habitantes, deles 21 eran homes e 19 eran mulleres, o que supón unha diminución de 1 habitante en relación ao ano anterior, 2006. En 2021 tiña 28 habitantes segundo o INE.

Toponimia Segundo Nicandro Ares de Francos di J.M. Piel que ten un dobre significado, o de individuos procedentes da Francia ou o de homes libres, alén de descendentes dun home chamado Franco.

Patrimonio Consérvanse vestixios dun castro. A igrexa parroquial de Santa María de Francos é barroca; posiblemente foi cemiterio de personaxes francesas que camiñaban a Santiago.

Lugares e parroquias Lugares de Francos

Parroquias de Paradela

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Paradela

Ligazóns externas Francos na web do concello de Paradela

Categoría:Parroquias de Paradela Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía