Merelle é unha aldea ou lugar pertencente á parroquia de San Pedro de Tállara, no concello coruñés de Lousame, na comarca de Noia. Segundo o padrón municipal (INE 2020) ten 118 habitantes (58 homes e 60 mulleres).
Atópase no quilómetro 2 da estrada AC-3101 entre Noia e Boiro, no val do río Lobo (ou río Tállara), e transcorre paralela á marxe esquerda do río do mesmo nome. Dentro do núcleo de poboación adoitan diferenciarse dúas entidades diferenciadas: Merelle de Arriba e Merelle de Abaixo.
Lugares e parroquias Lugares de Tállara
Parroquias de Lousame
Categoría:Lugares de Lousame