miniatura|Portada dun pasaporte brasileiro.
Un pasaporte é un documento de identidade emitido por un goberno nacional no que este recoñece formalmente o portador coma nacional do Estado en particular e acredita o permiso ou autorización legal para saír ou ingresar no mesmo, polas fronteiras internacionais.
Os pasaportes están ligados ao dereito de protección legal no exterior e ao retorno do individuo ao seu país de orixe. O pasaporte xeralmente contén, para identificar o seu portador, algúns elementos comúns: fotografía, sinatura, data de nacemento, nacionalidade e algunhas veces outras informacións coherentes co seu propósito. Moitos países están desenvolvendo propiedades biométricas para os seus pasaportes para confirmar con precisión que a persoa que o presenta é o seu lexítimo propietario.
Historia Unha das primeiras referencias aos pasaportes foi feita no 450 a.C. por Neemias, un oficial ó servizo do rei Artaxerxes de Persia, que pediu permiso para ir a Xudá. O rei concedeullo e deulle unha carta destinada "aos gobernantes da provincia do outro lado do río" obrigando darlle seguridade, en canto estivese en terras estranxeiras. miniatura|Pasaporte emitido pola Xunta Suprema do Reino de Galicia en 1808. A orixe do termo pasaporte é controvertida. Segundo algunhas fontes xurdiu en Francia durante o reinado de Lois XIV, onde o soberano fornecía aos seus favorecidos cartas requirindo o tránsito dos portadores polos portos, tales misivas eran chamadas "Passe Port" que literalmente significa pasar por un porto no idioma francés, no cal, a palabra para pasaporte é passeport. Outros afirman que o termo se orixinou na Idade Media cando documentos emitidos por autoridades locais pedían autorización para que os seus protexidos puidesen pasar polas portas dos muros das cidades. Tales documentos xeralmente contiñan unha lista de cidades entre as cales o seu portador podería circular. Independente da orixe do termo pasaporte, este mantivo o formato de carta por un longo período e na ausencia de fotografías para a identificación, algúns contiñan descricións físicas do portador. Os primeiros pasaportes con fotografía xurdiron no inicio do século XX.
Despois de cada unha das guerras mundiais, primeiramente a Sociedade de Nacións (conferencia internacional sobre pasaportes, formalidades aduaneiras e visados, 1920), e máis tarde a ONU xuntamente coa OACI, organismo internacional regulador da aviación civil, emitiron unha guía para estandarizar o formato e características inherentes aos pasaportes. Estas guías foron, en gran parte, as que orixinaron o formato actual dos pasaportes.
miniatura|esquerda|Páxina interna dun pasaporte portugués de 1927.Recentemente está habendo un movemento para introducir nos pasaportes informacións biométricas para mellorar a seguridade de identificación. Eses novos elementos aínda son cuestionados pola dificultade de ser implantados actualmente, pois a tecnoloxía existente aínda non satisfai os requirimentos relacionados co seu uso común. Os Estados Unidos, por exemplo, adiaron por dúas veces a introdución da biometría nos documentos de viaxe debido a resultados insatisfactorios en probas realizadas.
Un pasaporte usualmente posúe unha inscrición (frecuentemente na contrportada) solicitando axuda para o portador do documento. O texto dun pasaporte de Israel, por exemplo, declara:
"The Minister of the Interior of the State of Israel hereby requests all those whom it may concern to allow the bearer of this passport to pass freely without let or hinderance an to afford him such assistance and protection as may be necessary." ("O ministro do interior do Estado de Israel, por medio deste, solicita a todos a quen poida interesar, permitir ao portador deste pasaporte pasar libremente sen molestias ou obstáculos e proverlle a asistencia e protección se fose preciso.")
Tipos
Para a maior parte dos cidadáns son emitidos pasaportes comúns usados nas viaxes regulares.
Para o corpo diplomático emítese o pasaporte diplomático, que identifica os seus membros coma representantes diplomáticos do seu país natal. Así eles gozan de privilexios no país onde están a realizar o seu traballo, se o goberno local recoñece o portador do pasaporte como membro dunha misión diplomática.
miniatura|Un pasaporte diplomático emitido polos Estados Unidos. O pasaporte difire dun pasaporte común en catro puntos: a inclusión da palabra Diplomático na portada, o libreto é negro e non da cor azul presente no común, a numeración do pasaporte e unha anotación na última páxina onde se le, "o portador deste pasaporte encóntrase no exterior en misión diplomática do goberno dos Estados Unidos." Os pasaportes de servizo son emitidos para o persoal técnico e administrativo en misión diplomática, como unha embaixada ou consulado. Ese expediente ten menos inmunidades e privilexios comparados cos diplomáticos. Os seus detalles encóntranse descritos na Convención de Viena sobre relacións diplomáticas.
Algúns países emiten pasaportes oficiais a algúns dos seus servidores civís para viaxes con propósitos oficiais, algunhas veces intercambiados cos pasaportes de servizo. Dependendo dos acordos bilaterais entre as nacións envolveitas, os portadores dun pasaporte oficial deben ter un visado que o pasaporte común non precisaría, e noutros casos estes teñen garantía de entrada sen visado, onde aos detentores de pasaporte común lles é preciso. Como exemplo temos os cidadáns ucraínos portadores de pasaporte oficial (así coma os de pasaporte de servizo) que poden ir a Polonia e a Romanía sen visado.
Un pasaporte colectivo pode ser emitido, por exemplo, para unha viaxe escolar. Todos os cativos estarán cubertos polo mesmo documento durante toda a viaxe.
Documentos con función de pasaporte poden ser emitidos por países onde hai complexas leis de nacionalidade. No Reino Unido, resultado da súa herdanza colonial e constitución única, desenvolvéronse diferentes clases de cidadanía británica. Algúns pasaportes son simplemente documentos de viaxe, sen concesión de dereito domiciliar, en tanto outros indican o portador coma posuidor de pleno dereito de residencia no país. Xunto a iso está o feito de non seren todos os cidadáns británicos membros da Unión Europea, desa forma, estes teñen pasaportes sen os símbolos da UE.
Nun mesmo país poden existir múltiples réximes de pasaporte. O principal exemplo diso é a China, onde o modelo de "un país, dous sistemas" fixo que Hong Kong e Macau tivesen réximes propios de emisión de documentos de viaxe e fosen responsábeis, tamén, de implantar e controlar as políticas de control inmigratorio.
Algúns países introduciron pasaportes internos para regular o tránsito interno da súa poboación. Exemplos: o sistema da antiga Unión Soviética de pasaporte interno, actualmente vixente na Rusia, o "hukou" sistema de rexistro domiciliar usado na República Popular da China ou o caso de Corea do Norte.
Padróns
Características técnicas miniatura|Primeira páxina do pasaporte de Panamá. Os pasaportes teñen un formato estándar. Comezan cunha portada que identifica o país emisor e despois cunha páxina tamén nomeando o país. Isto é xeralmente precedido de páxinas fornecendo informacións sobre o portador, ás que segue unha cantidade de páxinas numeradas en branco destinadas aos visados de entrada e saída. O país emisor dálles un número de serie.
Información coma nome, apelido, data de nacemento, nacionalidade etc, ata un pasado recente acostumaban ser mostradas no pasaporte apenas en forma de texto. Nos últimos anos os pasaportes emitidos por varios países volvéronse máis complexos.
Os pasaportes con banda óptica son estandarizados mundialmente polo padrón OACI. Posúen unha zona onde algunhas informacións anteriormente textuais están agora escritas nun código alfanumérico, para ser lido por unha lectora óptica. Isto habilita os oficiais de fronteira e outros axentes da lei para procesar tales pasaportes rapidamente no computador.
Os pasaportes biométricos con chips de información, inclúen informacións suplementarias sobre o portador nun formato dixital. Estes pasaportes foron introducidos na Australia, Europa, Xapón, Malaisia e nos Estados Unidos. Estes novos pasaportes foron introducidos primeiramente para previr a fraude de identidade. No futuro servirán tamén para o control da inmigración dos países. Nos pasaportes biométricos introdúcense habitualmente mapas da cara. Os seus datos (que consisten nas distancias chave do rostro) son capaces de identificar unha persoa apenas coa foto do pasaporte non habendo necesidade de ningunha outra información. esquerda|miniatura|213x213px|Portada dun pasaporte noruegués.
Linguas
En 1920 a conferencia internacional para pasaportes, formalidades aduaneiras e visados estabeleceu que os pasaportes deberían ser confeccionados en francés e polo menos outro idioma. Hoxe, moitos países expiden pasaportes en inglés e a lingua oficial do estado emisor.
Bélxica permite aos seus nacionais optar por cal dos tres idiomas oficiais do país (neerlandés, francés ou alemán) prefiren que sexa o primeiro idioma que conste no seu pasaporte individual. A portada do pasaporte de Hungría, Utlével (en húngaro carta de estrada), está só en húngaro, pero na segunda páxina presenta o termo pasaporte nos idiomas húngaro e inglés. A páxina cos datos persoais do portador ofrece as informacións nos idiomas húngaro, inglés e francés e actualmente aínda conta cunha páxina adicional que contén explicacións complementarias en inglés, francés, chinés, ruso, español e árabe, sendo esa unha modificación recente no formato do documento. Os pasaportes emitidos polos estados membros da Unión Europea conteñen as informacións en todos os idiomas oficiais da Unión. Os pasaportes dos Estados Unidos, antes emitidos en francés e inglés, son agora producidos en inglés, francés e español. Esa modificación foi incorporada durante o segundo goberno de Bill Clinton polo feito de estar sendo aplicados tamén estes documentos a Porto Rico, territorio de lingua española. Os pasaportes soviéticos eran impresos só en ruso e francés, a pesar do feito de que a Unión Soviética fose un país de singular diversidade lingüística.
Formatos comúns
Os estados membros da Unión Europea son, talvez, o exemplo máis coñecido de países que contan cun formato común a todos os seus pasaportes. Os pasaportes europeos dos cidadáns comúns son vermello borgoña, coas palabras Unión Europea escritas (na lingua ou linguas oficiais nacionais) na portada, abaixo do que está o nome oficial do país, e o escudo nacional. A palabra pasaporte nas respectivas lingua ou linguas encóntrase na parte inferior. miniatura|Pasaporte de Antiga e Barbuda co distintivo da CARICOM. Na América Central os membros do CA-4, tratado que ten a Guatemala, O Salvador, Honduras, e Nicaragua coma membros, adoptaron o mesmo modelo de pasaporte, tamén chamado "Pasaporte da América Central". O proxecto ten súa estrutura baseada no documento xa utilizado por Nicaragua e O Salvador desde a década dos noventa, e converteuse no padrón definitivo do bloque a partir de xaneiro do ano de 2006. Os seus principais elementos son a súa portada azul mariño coas palabras "América Central" e o mapa do continente co territorio do país emisor destacado en dourado. Iso substitúe os selos dos diferentes países cun só elemento, o mapa. Na extremidade inferior figuran o nome do país emisor e o tipo do pasaporte. Presenta as súas informacións en español, francés e inglés. O novo pasaporte inclúe oitenta e nove medidas de seguranza, entre elas código de barras bidimensional, holografías e marcas de auga, sendo este pasaporte un dos máis seguros do mundo.