Adega Condes de Albarei é unha cooperativa galega adicada á produción de viño albariño.
Historia e características A adega foi fundada no 1988 coa unión de 375 viticultores do Salnés Publicidade da adega en La Voz de Galicia, xoves 24 de novembro do 2008 (páx. 27)., e ten a súa sede no lugar da Bouza, na parroquia de Castrelo (concello de Cambados). Actualmente ten 600 socios e colaboradores e unha extensión conxunta de 400 hectáreas. Xunto coas Bodegas Martín Códax é a maior produtora da comarca do Salnés.
No ano 1991 obtivo a medalla de ouro no Challange International du Vin de Bordeos, a primeira vez que se lle concedeu a un viño branco español. Este recoñecemento foi clave para o comezo da internacionalización do viño albariño.
Recentemente adquiriu o Pazo Baión, logo de que a leira fose administrada durante anos pola empresa catalá Freixenet, tras a súa incautación pola Audiencia Nacional a Laureano Oubiña.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina da adega
Categoría:Adegas de Galicia Categoría:Cambados Categoría:Cooperativas