Xamena (en árabe: Niǧāmīnā نجامينا), denominada antes de 1973 Fort-Lamy, é a capital e a cidade maior da república do Chad, cuns 993.442 habitantes en 2009 (a súa área metropolitana calcúlase que alcanza algo máis de 1.500.000 habitantes. Xamena é tamén unha rexion rexida por un estatuto particular (decreto n° 419/PR/MAT/02), que está dividida en 10 distritos municipais. Con todo, a capital económica do país é Moundou.
Historia Xamena foi fundada por Émile Gentil, o 29 de maio de 1900, sobre o asentamento dunha pequena aldea kotoko, co nome de Fort-Lamy, en lembranza do comandante François Joseph Amédée Lamy, morto na batalla de Kousseri algúns días antes. No 6 de novembro de 1973, o presidente chadiano, François Tombalbaye, rebautizouna a Xamena, tomando o nome dunha pequena aldea árabe veciña (Am Djamena, significa "lugar de descanso").
A cidade padeceu graves destrucións en 1979 e, sobre todo en 1980, con ocasión da guerra civil. Unha boa parte da poboación de orixe meridional abandonou daquela Xamena.
Xamena repobouse fortemente con posterioridade, sen que se realizasen grandes obras de acondicionamento e nin sequera de reparación. As infrastruturas existentes non son suficientes para faceren fronte ás necesidades dos seus habitantes (rede viaria, subministración de auga, cloacas, recollida de lixo, electricidade etc).
Xeografía A cidade de Xamena está situada na confluencia do río Chari co seu tributario Logone, e en fronte da cidade camerunensa de Kousseri, á cal está unida por unha ponte. miniatura|esquerda|250px|Climodiagrama de Xamena. Clima Ndjamena está situada na zona do sahel africano coñecida como o sahel dos sedentarios que recibe precipitacións dabondo para permitir o cultivo das terras. Porén, as precipitacións son nulas durante 5 meses por ano, desde novembro a marzo, en tanto que os meses de xullo e agosto son moi chuviosos, contándose 144 mm e 175 mm respectivamente.
Demografía Evolución : 1937 : 9 976 1940 : 12 552 1947 : 18 375 1968 : 126 483 1993 : 529 555 2005 : 721 000 2008 : 760.000
Educación Xamena acolle diversos establecementos escolares e universitarios. Entre estes están: a Universidade de Xamena, de carácter público, creada en 1970 e a Universidade "Roi Fayçal", privada, e de ideoloxía islámica.
Conta ademais, ao estilo francés, con varias escolas superiores:
ISSED - Instituto Superior de Ciencias da Educación ENAM - Escola Nacional da Administración e da Maxistratura EIE - Escola Superior de Electrónica e de Informática ENASS - Escole Nacional de Ciencias da Enfermería e Sociais INJS - Instituto Superior da Xuventude e dos Deportes ENS - Escola Normal Superior ENTP - Escola Nacional de Obras Públicas ISTAP - Instituto Superior de Técnicas Aplicadas
Galería fotográfica As seguintes fotos carecen de data, pero deben ser da década de 1960.
Comunicacións Xamena carece de comunicacións ferroviarias, máis é un importante cruzamento das grandes estradas africanas. A cidade é punto terminal da Estrada Transaheliana, que a une con Dakar, e, ao tempo, é o punto de partida da Estrada Xamena-Xibuti. A máis longa vía africana, a Estrada Trípoli-Cidade do Cabo, pasa tamén pola capital chadiana.
Posúe Xamena aínda o Aeroporto Internacional Hassan Djamous.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Alain Vivien, Xamena (naguère Fort-Lamy). Histoire d'une capitales africaine, Sépia, París, 2006, ISBN 2-84280-108-3
Categoría:Capitais de África Categoría:Cidades do Chad