Rock FM é unha cadea de radio española, especializada en música rock, operada por Radio Popular S.A., que comezou as súas emisións como Rock & Gol no 2004. Baseábase en dous piares únicos, a música rock, de tódolos tempos, combinada con programas de tertulias e boletíns cada hora de novas de deportes, até que en 2011 cambiou o seu nome e formato ao actual.
O formato musical de Rock FM é coñecido por bloques dunha hora de música sen publicidade durante a radiofórmula, intercalados con descansos publicitarios de 6 minutos entre bloque e bloque.
Pertence ao grupo Radio Popular tamén chamado Grupo COPE, ao que pertencen tamén outras emisoras de radio e televisión: a radio xeneralista COPE e as emisoras de radio Cadena 100 e MegaStar FM.
É a quinta emisora de radio temática máis escoitada de España con 1.107.000 oíntes, segundo o 3ª informe do EXM de 2019.EGM completo aimc.es Pódese sintonizar a través da radio FM, TDT, Internet e aplicación para dispositivos móbiles.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial de Rock FM Twitter de Rock FM Facebook de Rock FM Web oficial de Rock&Gol
Categoría:Emisoras de radio de España