San Pedro do Regueiro é unha parroquia do concello do Irixo na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 57 habitantes, deles 28 eran homes e 29 eran mulleres, o que supón unha diminución de 3 habitantes en relación ao ano anterior, 2006. É limítrofe coa parroquia homónima do Regueiro do concello de Boborás.

No Diccionario Madoz (1849) aínda non aparece a parroquia constituída como tal, e varias das súas aldeas dependían da parroquia de Parada de Labiote.

O Regueiro na literatura popular miniatura|esquerda|Vista de Cerdeira de Arriba. Onte á noite fun á ronda,/ pasei a costa das Antas;/ o que rompín de zapatos/ tamén o aforrei de mantas Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 121. Xaquín Lorenzo explica que esta Costa das Antas ten que referirse ó lugar das Antas. O caso é que pode ser As Antas de Santa Cruz de Lebozán (Beariz) ou As Antas de San Pedro do Regueiro, parroquia compartida polos concellos de Boborás e do Irixo..

Lugares e parroquias Lugares do Regueiro

Parroquias do Irixo

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares do Irixo

Categoría:Parroquias do Irixo Categoría:Parroquias galegas homónimas con outras de concellos limítrofes Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Pedro