San Martiño do Lago é unha parroquia do concello de Maside na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2013 tiña 168 habitantes (87 mulleres e 81 homes), o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 199 habitantes. Nesta parroquia está o Puzo do Lago, espazo natural de interese local.
Lago de Maside Existe na parroquia unha lagoa que foi declarada en 2014 como Espazo Natural de Interese Local pola súa diversidade biolóxica e o seu patrimonio arqueolóxico.Orde do 23 de xaneiro de 2014 pola que se declara, de xeito definitivo, como espazo natural de interese local o espazo Puzo do Lago, no concello de Maside (Doga nº 21, de 31.01.2014). A lagoa formouse sobre unha zona que os romanos escavaron para aproveitar o ouro.
Pero a tradición popular deulle outra orixe. Corre a lenda de que baixo o chamado Puzo do Lago existe unha cidade que quedou asolagada porque ninguén dos moitos veciños ós que a Virxe foi pedir esmola, nin sequera o párroco, quixo darlle nada. Unicamente tivo dó dela unha moza que andaba coas ovellas no monte e deulle todo o pan que tiña para a súa comida. Como castigo, a Virxe maldixo a aldea dicindo: "Lago te asulago, co de arriba para abaixo, que quede esta rapaciña con esta cadeliña", e a vila desapareceu para sempre baixo as augas.Dicionario dos seres míticos galegos, s. v. Lago.Eladio Rodríguez González.Misterios y leyendas de Galicia y Asturias.
Lugares e parroquias Lugares do Lago
Parroquias de Maside
Categoría:Parroquias de Maside Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Martiño