San Vicente de Argozón é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Chantada, na provincia de Lugo. Segundo o Instituto Galego de Estatística en 2016 tiña 182 habitantes (84 homes e 98 mulleres), 26 menos ca en 2007 (96 homes e 112 mulleres nese ano). Ten dez entidades de poboación.
Toponimia O topónimo Argozón podería ter orixe nun antropónimo de orixe xermánica derivado en emparentado con Aragunte ou Aragundia. Aparece rexistrado na documentación medieval do mosteiro de Oseira como Argonçon.
Patrimonio Igrexa de San Vicente de Argozón, de orixe románica, da segunda metade do século XII, con reformas na nave e sancristía no XVIII. Capela de Gordón, do século XVII e principios do XVIII. Cruceiro de Argozón.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Argozón
Parroquias de Chantada
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Chantada
Categoría:Parroquias de Chantada Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Vicente