Iria López Teixeiro, nada en Fene en 1981, é unha escritora en lingua galega.

Traxectoria É Técnica Superior de Realización na Escola de Imaxe e Son da Coruña. Traballou na montaxe de Galicia Visual de Adivina Producciones para Televisión de Galicia no 2001. Editou o vídeo do documental Camiño de Santiago, a Orixe de Jorge Algora. Como técnica de posprodución ten traballado en distintas películas e documentais. Como directora ten realizado os documentais De Cores, Bandeiras Interiores e Dando a Nota, nomeado aos Mestre Mateo de 2008.

Como escritora deuse a coñecer ao gañar o 1º Premio Biblos-Pazos de Galicia coa novela Meniña de Cristal, sendo tutelada por Xosé Luís Méndez Ferrín.

Obra Narrativa Meniña de cristal (2005, Biblos Clube). Santa Matriusca (2008, Biblos Clube).

Obras colectivas Letras novas (2008, Asociación de Escritores en Lingua Galega). Sete de Biblos (2012, Biblos Clube).

Véxase tamén Ligazóns externas Proxecto literario promovido pola autora.

Categoría: Escritores en lingua galega Categoría: Escritores de Galicia Categoría: Nados en Fene Categoría: Nados en 1981 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes