1955 (MCMLV) foi un ano común comezado en sábado segundo o calendario gregoriano.
Acontecementos 2 de xaneiro - José Antonio Remón, presidente de Panamá, é asasinado. 26 de febreiro - Accidente de tráfico en Cans, no que morren 31 dos 44 pasaxeiros dun autobús que ía do Porriño a Ponteareas. 12 de abril - É anunciada por Jonas Salk o descubrimento dunha vacina contra a poliomielite. 17 de abril - Imre Nagy dimite do cargo de primeiro ministro de Hungría. 18 a 24 de abril - Conferencia de Bandung. 4 de maio - No Reino Unido, Winston Churchill dimite (por razóns de idade) do seu cargo de primeiro ministro británico. Sucédeo no cargo Anthony Eden. 5 de maio - Alemaña Occidental convértese nun estado independente. 14 de maio - Oito países comunistas (URSS, Checoslovaquia, Alemaña Oriental, Albania, Bulgaria, Hungría, Romanía e Polonia) asinan o Pacto de Varsovia. 17 de xullo - É inaugurada a primeira Disneyland en Anaheim, California 15 de setembro - Publícase en París a novela Lolita, de Vladimir Nabokov. 16 de setembro - Na Arxentina, un golpe militar depón ao presidente constitucional Juan Domingo Perón. 19 de setembro - España ingresa na ONU. 26 de outubro - Ngo Dinh Diem proclama Vietnam do Sur unha república e eríxese como o seu primeiro presidente. 1 de decembro - Rosa Parks é arrestada nun autobús en Alabama, o que dá inicio ao Movemento polos Dereitos Civís nos Estados Unidos. miniatura|Adiante. Buenos Aires, 1955, n.º 4. Nacementos 6 de xaneiro - Rowan Atkinson, actor británico (Mister Bean). 15 de xaneiro - Andreas Gursky, fotógrafo alemán. 18 de xaneiro - Kevin Costner, actor e director americano de cine. 19 de xaneiro - Siri Hustvedt, novelista norteamericana. 26 de xaneiro - Eddie Van Halen, músico americano 28 de xaneiro - Nicolas Sarkozy, político francés. 8 de febreiro - John Grisham, escritor estadounidense. 11 de febreiro - Anneli Jäätteenmäki, primeira ministra de Finlandia. 3 de marzo - Manuel Lourenzo González, profesor e escritor galego. 9 de marzo - Ornella Muti, actriz italiana. 11 de marzo - Nina Hagen, cantante alemá. 17 de marzo - Margarita Stolbizer, avogada e política arxentina. 19 de marzo - Bruce Willis, actor estadounidense. 22 de marzo - Valdis Zatlers, presidente de Letonia. 27 de marzo - Mariano Rajoy, político galego. 31 de marzo - Angus Young, músico escocés (AC/DC) 6 de abril - Gran Duque Henri I de Luxemburgo 17 de abril - Erín Moure, escritora canadense. 13 de maio - Carlos Souto, publicitario arxentino. 8 de xuño - Tim Berners-Lee, creador da WWW. 21 de xuño - Michel Platini, xogador francés de fútbol. 27 de xuño - Isabelle Adjani, actriz francesa. 8 de xullo - Alberte Permuy, deseñador gráfico galego. 18 de xullo - Andrea Parodi, cantante sardo. 21 de xullo - Béla Tarr, director de cine húngaro. 7 de agosto - Vladimir Sorokin, escritor ruso. 29 de agosto - Chus Pato, poeta galega. 31 de agosto - Edwin Moses, atleta estadounidense. 23 de setembro - Şivan Perwer, cantante, poeta e intérprete de saz kurdo. 24 de setembro - Pedro Almodóvar, director de cine español. 7 de outubro - Yo-Yo Ma, músico chinés-francés. 28 de outubro - Bill Gates, empresario estadounidense, fundador e dono de Microsoft. 4 de novembro - Matti Vanhanen, primeiro ministro da Finlandia 9 de novembro - Fernando Meirelles, director de cine brasileiro. 11 de novembro - Jigme Singye Wangchuck, rei do Bután. 12 de novembro - Ángel Carracedo Álvarez, médico e xenetista galego. 13 de novembro - Whoopi Goldberg, actriz estadounidense. 15 de decembro - Paul Simonon, músico británico. 18 de decembro - Xosé Miranda, escritor galego.
Mortes 2 de xaneiro - Jose Antonio Remón, presidente de Panamá (n. 1908). 29 de xaneiro - Hans Hedtoft, primeiro ministro de Dinamarca (n. 1903). 31 de xaneiro - John Raleigh Mott, líder da Asociación Cristá de Mozos (YMCA), Premio Nobel da Paz (n. 1865). 1 de febreiro - Armando Peñamaría Álvarez, médico e político galego (n. 1870). 23 de febreiro - Paul Claudel, poeta e dramaturgo francés. 11 de marzo - Alexander Fleming, médico británico, Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina (n.1881). 12 de marzo - Charlie Parker, saxofonista de jazz estadounidense. 10 de abril - Pierre Teilhard de Chardin, xesuíta, filósofo e paleontólogo francés (n. 1881) 18 de abril - Albert Einstein, físico alemán, Premio Nobel (n. 1879) 9 de maio - Antonio Couceiro Freijomil, polígrafo galego (n. 1888). 8 de xullo - Luciano Seoane Seoane, mestre e pedagogo galego (n. 1876). 23 de xullo - Cordell Hull, político estadounidense, Premio Nobel da Paz (n. 1871). 12 de agosto - Thomas Mann, escritor alemán, premio Nobel de Literatura en 1929 (n. 1875). 12 de agosto - James Batcheller Sumner, químico estadounidense, Premio Nobel (n. 1887). 30 de setembro - James Dean, actor estadounidense. 18 de outubro - José Ortega y Gasset, filósofo e escritor español. 26 de novembro - José Vázquez Vigo, músico e compositor galego. 13 de decembro - Egas Moniz, neurólogo portugués, Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina (n.1874).
Premios Nobel Física: Willis Lamb e Polykarp Kusch Química: Vincent du Vigneaud Fisioloxía ou Medicina: Hugo Theorell Literatura: Halldór Laxness Paz: Non concedido
Outros
Historia ano a ano Categoría:1955