A cultura de Pengtoushan (彭頭山文化) (7500 a. C. - 6100 a. C.)<ref>Archeologia Asiatica, pp. 84</ref> é unha cultura arqueolóxica neolítica xurdida en torno ao río Yangtzé na rexión ao nordeste de Hunan, China. É aproximadamente contemporánea á cultura de Peiligang. Os dous principais xacementos característicos desta cultura son Pengtoushan e Bashidang.
Pengtoushan O sitio principal de Pengtoushan foi descuberto no demarcación de Lixian, na rexión de Hunan na China. É a aldea permanente máis antiga descuberta polo de agora na China.L'Età del Bronzo nel Sud-Est Asiatico, pp. 6. Foi escavada en 1988, e presentou logo grosas dificultades de datación, que se estimou entre o 9000 e o 5500 a. C.
Cerámica e arroz Nalgunhas tumbas apareceu vaixela de arxila de estilo cerámica de cordas.cord-marked («impreso de corda») ou cerámica de corda, denominación dun tipo de cerámica con motivos decorativos habitual en vaixela de barro, que se creaba utilizando cordas ou bastóns con cordas envolveitas arredor; o termo foi cuñado en 1879 por Edward Sylverster Morse estudoso norteamericano e profesor na Universidade de Tokio
No sitio acháronse tamén restos de grans de arroz (Oryza sativa) datábeis en 7000 a. C., que representan a máis antiga evidencia da domesticación do arroz na China. As dimensións dos grans de arroz de Pengtoushan eran maiores cas dimensións do arroz silvestre. Faltan porén os restos do instrumental paro o seu cultivo, que si foron achados noutros lugares asociados con esta cultura.miniatura|No NE de Hunan aparece a cultura de Pengtoushan. Localización de Hunan.|centro Notas
Véxase tamén Bibliografía Allan, Sarah, La Formazione della Civiltà Cinese: una prospettiva Archeologica ISBN 0-300-09382-9 Higham, Charles, L'Età del Bronzo nel Sud-Est asiatico, ISBN 0-521-56505-7 Stark, Miriam T. (ed), Archeologia dell'Asia'', ISBN 1-4051-0213-6
Ligazóns externas He Jiejun: Early Neolithic Artifacts in Hunan
Cultura de Pengtoushan Categoría:Culturas arqueolóxicas Categoría:Neolítico