A prefectura de Aichi (愛知県, あいちけん, Aichi-ken) é unha prefectura xaponesa, situada na parte de Tōkai da rexión de Chūbu. A súa capital é Nagoia, e fai fronteira coas prefecturas de Mie, Gifu, Nagano e Shizuoka.

Historia Orixinalmente a rexión encontrábase dividida nas tres provincias de Owari, Mikawa e Ho. Logo da era Taika, Mikawa e Ho foron unidas nunha única entidade. No 1871, despois da abolición do sistema Han, Owari, sen a península de Chita, foi institucionalizada como a prefectura de Nagoia, mentres que Mikawa e a península de Chita formaron a prefectura de Nukata. A prefectura de Nagoia foi rebautizada como prefectura de Aichi en abril de 1872.

Xeografía Localizada case no centro do arquipélago xaponés, a prefectura de Aichi atópase fronte ás baías de Ise e Mikawa ao sur e por terra limita con Shizuoka polo leste, Nagano polo nordeste, Gifu polo norte e Mie polo oeste. Mide 106 km de leste a oeste e 94 km de norte a sur, e conta cunha superficie total de 5.153,81 km², que é aproximadamente un 1,36 % da área total do Xapón. O punto máis elevado de Aichi é Chausuyama, con 1415 m sobre o nivel do mar. dereita|300px|miniatura|Mapa da prefectura de Aichi.

Cidades Aisai-shi (愛西市, あいさいし) Ama-shi (あま市, あまし) Anllō-shi (安城市, あんじょうし) Chiriuu-shi (知立市, ちりゅうし) Chita-shi (知多市, ちたし) Gamagōri-shi (蒲郡市, がまごおりし) Ghanda-shi (半田市, はんだし) Ghequinan-shi (碧南市, へきなんし) Ichinomiia-shi (一宮市, いちのみやし) Inazawa-shi (稲沢市, いなざわし) Inuiama-shi (犬山市, いぬやまし) Iwakura-shi (岩倉市, いわくらし) Kariia-shi (刈谷市, かりやし) Kasugai-shi (春日井市, かすがいし) Quita-nagoia-shi (北名古屋市, きたなごやし) Quiiosu-shi (清須市, きよすし) Komaqui-shi (小牧市, こまきし) Kounan-shi (江南市, こうなんし) Miyoshi-shi (みよし市, みよしし) Nagoya-shi (名古屋市, なごやし: capital) Atsuta-ku (熱田区, あつたく) Chikusa-ku (千種区, ちくさく) Higaxi-ku (東区, ひがしく) Quita-ku (北区, きたく) Meitou-ku (名東区, めいとうく) Midori-ku (緑区, みどりく) Minami-ku (南区, みなみく) Minato-ku (港区, みなとく) Mizugho-ku (瑞穂区, みずほく) Moriiama-ku (守山区, もりやまく) Naka-ku (中区, なかく) Nakagawa-ku (中川区, なかがわく) Nakamura-ku (中村区, なかむらく) Nixi-ku (西区, にしく) Xouwa-ku (昭和区, しょうわく) Tenpaku-ku (天白区, てんぱくく) Nixio-shi (西尾市, にしおし) Nisshin-shi (日進市, にっしんし) Okazaqui-shi (岡崎市, おかざきし) Oobu-shi (大府市, おおぶし) Owari-asaghi-shi (尾張旭市, おわりあさひし) Seto-shi (瀬戸市, せとし) Xinxiro-shi (新城市, しんしろし) Taghara-shi (田原市, たはらし) Takaghama-shi (高浜市, たかはまし) Tokoname-shi (常滑市, とこなめし) Toukai-shi (東海市, とうかいし) Toioaque-shi (豊明市, とよあけし) Toioghaxi-shi (豊橋市, とよはしし) Toiokawa-shi (豊川市, とよかわし) Toiota-shi (豊田市, とよたし) Tsuxima-shi (津島市, つしまし) Iatomi-shi (弥富市, やとみし)

Vilas Aichi-gun (愛知郡, あいちぐん) Nagakute-chou (長久手町, ながくてちょう) Tougou-chou (東郷町, とうごうちょう) Ama-gun (海部郡, あまぐん) Kanie-chou (蟹江町, かにえちょう) Ooharu-chou (大治町, おおはるちょう) Tobixima-mura (飛島村, とびしまむら) Chita-gun (知多郡, ちたぐん) Agui-chou (阿久比町, あぐいちょう) Ghigaxiura-chou (東浦町, ひがしうらちょう) Mihama-chou (美浜町, みはまちょう) Minami-chita-chou (南知多町, みなみちたちょう) Taquetoio-chou (武豊町, たけとよちょう) Ghazu-gun (幡豆郡, はずぐん) Ghazu-chou (幡豆町, はずちょう) Isshiqui-chou (一色町, いっしきちょう) Quira-chou (吉良町, きらちょう) Ghoi-gun (宝飯郡, ほいぐん) Kozakai-chou (小坂井町, こざかいちょう) Quita-xitara-gun (北設楽郡, きたしたらぐん) Xitara-chou (設楽町, したらちょう) Touei-chou (東栄町, とうえいちょう) Toione-mura (豊根村, とよねむら) Nixi-kasugai-gun (西春日井郡, にしかすがいぐん) Gharughi-chou (春日町, はるひちょう) Toioiama-chou (豊山町, とよやまちょう) Niwa-gun (丹羽郡, にわぐん) Fusou-chou (扶桑町, ふそうちょう) Ooguchi-chou (大口町, おおぐちちょう) Nukata-gun (額田郡, ぬかたぐん) Kouta-chou (幸田町, こうたちょう)

Fusión e disolución dos municipios O distrito de Nishikamo (西加茂郡, にしかもぐん) desapareceu por converterse o concello de vila de Miioxi-chou (三好町, みよしちょう) ao concello de cidade de Miioxi-shi (みよし市, みよしし) o 4 de xaneiro de 2010. Pola fusión dos concellos de Xippou-chou (七宝町, しっぽうちょう), Miwa-chou (美和町, みわちょう) e Liimokulli-chou (甚目寺町, じもくじちょう) do Ama-gun (海部郡, あまぐん) foi fundado o concello da cidade de Ama o 23 de marzo de 2010.

Economía A prefectura de Aichi é coñecida por ter moitas factorías de automóbiles. A empresa Toyota foi fundada no ano 1937, mais a súa explosión industrial produciuse ao cabo da segunda guerra mundial.

A produción total da prefectura no ano 2004 foi duns US$ 293 mil millóns, o que significaba o 7 % do total da produción do Xapón.

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio web oficial da prefectura de Aichi . Sitio web oficial da prefectura de Aichi . Sitio web oficial da prefectura de Aichi .

Categoría:Prefectura de Aichi