"No Way to Say" é o sinxelo nº31 lanzado pola cantante xaponesa Ayumi Hamasaki o 6 de novembro do ano 2003.

Información

A canción foi moi ben recibida no Xapón, converténdose no seu sinxelo nº18 en chegar á primeira posición das listas de sinxelos de Oricon. As letras e o vídeo musical da canción dixese que están dedicadas ó pai de Ayumi, aínda que só son rumores xa que a artista nunca fixo ningunha declaración respecto o tema.

A canción tivo excelente crítica e valeulle o seu terceiro Japan Record Award a mellor canción do 2003, premio máis importante outorgado polas personalidades da música máis importantes do país nipón. Tamén, máis adiante, o vídeo sería premiado nos MTV Video Music Awards Japan como mellor vídeo de pop.

O single é o primeiro desde "Daybreak" dunha cara en conter 4 cancións, xa que foron incluídas versións acústicas dalgúns dos seus grandes éxitos como "Seasons" e "Dearest", e unha versión exclusiva de "Voyage" que non foi incluída anteriormente en ningunha compilación (as outras dúas mencionadas foron incluídas previamente noutros ábumes, pero con lixeiras diferenzas nos instrumentos o algunhas melodías menores). Tamén foi o primeiro single dende 2002 en conter un remix.

Lista de temas

# Título 1. No way to say 2. No way to say (Acoustic Version) 3. Seasons (Acoustic Version) 4. Dearest (Acoustic Orchestra Version) 5. Voyage (Acoustic Orchestra Version) 6. No way to say (Vandalize/Realize Mix) 7. No way to say (Instrumental)

Posición nas listas

LanzamentoListaMáxima posiciónVendas na primeira semanaVendas totaisSemanas6 de novembro de 2003Oricon Daily Singles Chart#16 de novembro de 2003Oricon Weekly Singles Chart#1176,229371,200126 de novembro de 2003Oricon Yearly Singles Chart#32 (2003), #71 (2004)

Categoría:Sinxelos de 2003