miniatura|Cirroestratos Os Cirrostratus ou Cirroestratos, abreviadamente Cs, son un xénero de nubes que, segundo a definición adoptada pola Organización Meteorolóxica Mundial, caracterízanse por teren aspecto de veo nubrado abrancazado e transparente, fibroso ou completamente liso, que cobre total ou parcialmente o ceo e a través do cal pode verse o Sol, producindo a miúdo un halo luminoso intenso.

Características Son nubes que se producen a grande altura, estando compostas por finos cristais de xeo. Adoitan ser a vangarda dunha fronte cálida, polo que a súa presenza pode asociarse cun significativo cambio de tempo.

Especies Cirrostratus Fibratus Cirrostratus Nebulosus

Variedades Cirrostratus Duplicatus Cirrostratus Undulatus

Véxase tamén

Bibliografía Candel Vila, R. (1978), Atlas de meteorología, 8ªed, Ed. Jover. Martín León, F. e Quirantes, J. A., Cazadores de nubes, Ministerio de Educación y Ciencia, Gobierno de España.

Ligazóns externas Atlas fotográfico de nubes

Categoría:Xéneros de nubes