San Salvador de Armariz é unha parroquia do concello ourensán de Xunqueira de Ambía na comarca de Allariz - Maceda. No ano 2007 tiña 348 habitantes (180 homes e 168 mulleres) 46 menos ca no ano 2000. Ten doce entidades de poboación.

Patrimonio

Os monumentos máis destacados son a igrexa de San Salvador en Armariz, (s. XVII-XVIII), a capela da Virxe do Camiño na Pousa, o asentamento castrexo da Variña e a casa reitoral cunha gran leira. A finais de maio celébrase unha romaría na honra da Nosa Señora das Flores.

Lugares e parroquias Lugares de Armariz

Parroquias de Xunqueira de Ambía

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Xunqueira de Ambía

Categoría:Parroquias de Xunqueira de Ambía Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Salvador