Santa María de Feá é unha parroquia do concello ourensán de Toén na comarca de Ourense. No ano 2007 tiña 103 habitantes (49 homes e 54 mulleres) distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 6 habitantes en relación ao ano 2000.

Patrimonio A igrexa parroquial é un templo románico de finais do século XII-principios do XIII. Conserva gran parte do edificio románico de planta e ábsida rectangular. No interior o arco triunfal é apuntado. No exterior destaca a porta lateral de orixe románica, os canzorros, entre os que hai diferente iconografía. No testeiro da ábsida destaca o Agnus Dei, coa cruz de traza complicada.

Lugares e parroquias Lugares de Feá

Parroquias de Toén

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Toén

Categoría:Parroquias de Toén Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María