Apuleio (Lucius Apuleius en latín), nado en 123 ou 125 e finado en 180, foi un escritor latino de orixe bérber.

Traxectoria miniatura|Clásicos en Galego 19:O asno de ouro. Naceu en Madaura, colonia romana de Numidia, fillo dun dun maxistrado provincial. Apuleio formouse en Cartago e posteriormente en Atenas, onde estudou a filosofía platónica. Despois de ser iniciado no culto de Isis, marchou a Roma para estudar oratoria latina. Máis adiante viaxou por Asia Menor e Exipto estudando a súa filosofía e relixión.

Acusado de usar a maxia para conseguir os favores e riquezas dunha viúva, fíxose cargo da súa propia defensa, coñecida como a Apoloxía, onde demostra o seu sentido de humor. esquerda|miniatura|Busto de Apuleio nun contorniato O asno de ouro (ou Metamorfoses) é a única novela en latín que sobreviviu enteiramente, é unha obra imaxinativa, irreverente e divertida que relata as aventuras de Lucio, que durante un dos seus experimentos coa maxia, convértese nun asno; baixo esta aparencia oe e ve gran número de cousas estrañas, ata que Isis devólveo á forma humana. Unha interpolación desenvolve a fábula de Psique e Cupido. Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos O asno de ouro Clásicos en Galego

Categoría:Escritores en lingua latina Categoría:Finados en 180 Categoría:Nados en Alxeria