dereita|miniatura|Festa do queixo de Arzúa. A seguir recóllese a pegada dos diferentes tipos de queixos na cultura popular galega, na etnografía e na literatura de transmisión oral.

Refraneiro popular A queixo e touciño, grolo de viño|miniatura

A queixo e touciño, grolo de viño. Do queixo do Cebreiro comer ata o sombreiro. Do queixo non me queixo, que me queixo do que deixo. En san Xoán, pouco queixo e moito pan. En san Xoán, tanto queixo como pan. En san Xoán, tanto queixo como pan; polo san Pedro, tanto queixo coma un dedo, e polo Santiago, agárraselle ó rabo. Por san Xoán, tanto queixo como pan. O pan, con ollos; o queixo, cego; e o viño, anexo. O pan, con ollos; o queixo, sin ollos; o viño, que salte ós ollos. Queixo, sin ollos; e pan, con ollos. O queixo e o barbeito, en abril ou maio sea feito. O queixo millor é fresco, porque non está tan seco.

Cantigas Para pan de trigo, Caldas;/ para queixo San Simón;/ para empanadas, en Noia;/ para lampreas, Padrón.

Véxase tamén Bibliografía BENAVENTE JAREÑO, Pedro; FERRO RUIBAL, Xesús: Refraneiro galego da vaca, Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro, Santiago de Compostela (1994).

Outros artigos A vaca na cultura popular galega

queixo Categoría:Queixos