A praia de Riazor é unha praia urbana da cidade da Coruña. Conta coa distinción de Bandeira Azul, como tamén a súa continuación cara ao nordés, a praia do Orzán.

Características Dispón de aseos, duchas, alugamento de tumbonas, vixilancia, servizo de socorro, posto de primeiros auxilios, posto de salvamento da Cruz Vermella, acceso para persoas con diversidade funcional, aparcadoiro (baixo o Paseo Marítimo e de pago), quiosco de prensa e múltiples cafeterías e bares con terraza.

Céntrica, preto da Praza de Pontevedra, do Pazo de Deportes e do Estadio Municipal de Riazor. Chegan á praia as liñas de buses: 3, 3A e 7.

Non se permiten animais. Moi concorrida de maio a setembro.

Galería de imaxes

Véxase tamén

Outros artigos Enseada do Orzán Praia do Orzán

Riazor Categoría:Bandeira Azul