miniatura|250 px|Memorial dedicado aos mártires de Arad en Komárno (Eslovaquia)Os mártires de Arad foron os 13 xenerais húngaros do exército revolucionario de Lajos Kossuth executados o 6 de outubro de 1849 na cidade de Arad en Transilvania, actualmente pertencente a Romanía, despois que as tropas do Imperio Austríaco e o Ruso esmagaran a Revolución Húngara (1848-1849) restablecendo o goberno dos Habsburgo na zona.

Antecedentes Nun discurso pronunciado o 3 de marzo de 1848, pouco despois que chegaran ao país noticias sobre a revolución en París, Lajos Kossuth demandou un goberno parlamentario para Hungría e un goberno constitucional para o resto do Imperio. O movemento revolucionario comezou o 15 de marzo de 1848 e despois dunha exitosa campaña na primavera de 1849 declarou a independencia de Hungría o 19 de abril de 1849, en maio as forzas revolucionarias controlaban todo o país agás Buda, á que logo dun asedio de tres semanas conseguiron conquistar. Con todo as esperanzas dunha vitoria definitiva víronse frustradas pola intervención de Rusia e Kossuth tivo que dimitir o 11 de agosto de 1849 en favor de Artúr Görgey, pensando que era o único xeneral capaz de salvar Hungría. Pero o 13 de agosto Görgey capitulou en Világos aos rusos. Julius Jacob von Haynau, gobernador de Hungría ordenou a execución de treces líderes militares do exército húngaro en Arad e do primeiro ministro, conde Lajos Batthyány en Pest. Eses treces xenerais recibiron a consideración de mártires e heroes nacionais tras a independencia de Hungría en 1918 por promoveren as ideas da liberdade e a independencia do pobo húngaro

Xenerais Arisztid Dessewffy (1802 – 1849) Ernő Kiss (1799 – 1849) Ernő Poeltenberg (1814- 1849) György Lahner (1795 – 1849) Ignác Török (1795 – 1849) János Damjanich (1804 – 1849) József Nagysándor (1804 - 1849) József Schweidel (1796- 1849) Károly Knezić (1808- 1849) Károly Leiningen-Westerburg (1819- 1849) Károly Vécsey (1807- 1849) Lajos Aulich (1793 – 1849) Vilmos Lázár (1815- 1849)

Categoría:Historia de Hungría Categoría:Terrorismo de Estado