Xornal de Galicia foi un xornal de comunicación xeral e de ámbito galego, fundado o 9 de decembro de 2008, aínda que a súa edición dixital, xornal.com, levaba nove anos activa en Internet. A edición en papel deixou de publicarse o 4 de agosto de 2011 e a páxina web pechou o 19 de outubro do mesmo ano. As súas linguas de edición foron o galego e o castelán.
Características O director e impulsor foi o xornalista de Brión José Luis Gómez Gómez, e a primeira subdirección ocupouna María Martínez Val. A súa sede principal estivo situada na Coruña, se ben contou orixinalmente con redaccións tamén en Vigo e Santiago de Compostela. Entre os membros da redacción orixinal atopáronse Alberto Ramos, Iago Martínez, ou sinaturas como as de Carme Adán, Rafael Cuíña ou Xesús Palmou.
O accionista principal foi Udramedios, a filial de comunicación do grupo de construción San José. Co seu lanzamento absorbeu o medio electrónico Xornal.com.
O presidente do consello de administración da empresa foi Domingos Docampo, ex reitor da Universidade de VigoDomingo Docampo presidirá Xornal de Galicia SA A Nosa Terra, 5/12/2008. O conselleiro delegado da empresa e xerente do xornal foi Miguel Barros Puente.
En marzo de 2011 o director José Luis Gómez Gómez foi destituído dous días despois da publicación dunha fotografía de Mariano Rajoy, daquela líder do PP, a bordo dun barco vencellado ao narcotráficoJacinto Rey cede ante Rajoy , Galicia Confidencial, 1/4/2011.. A nova directora pasou a ser María Martínez Val. A edición en papel deixou de publicarse o 4 de agosto de 2011,Cierra la edición impresa de Xornal de Galicia , El Correo Gallego, 2/8/2011. sendo presidente do Consello de Administración Alfonso Paz-Andrade,Los trabajadores de Xornal de Galicia se movilizan..., El Mundo . continuando só a dixital. O 19 de outubro de 2011 pechou tamén esta edición, terminando completamente coa existencia do xornal.Xornal.com pecha tamén na rede , Galicia Hoxe
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Web do xornal en Internet Archive.
Categoría:Xornais de Galicia Categoría:Xornais en lingua castelá Categoría:Xornais en lingua galega Categoría:Xornais de Galicia desaparecidos