Gluey Porch Treatments é o primeiro álbum de estudio da banda estadounidense The Melvins, editado en 1987 a través do selo Alchemy Records. A edición orixinal foi realizada unicamente en vinilo. A disco foi posteriormente reedditado en casete co EP Six Songs a través de Boner Records e aparece como material extra na versión en CD do Ozma. Os temas do 18 ao 29, procedentes dunha demo gravada nun radiocasete, só poden atoparse na reedición de 1999 de Ipecac Recordings.

"Steve Instant Newman" e "As Was Is" son versións actualizadas de "Disinvite" e "Easy As It Was" respectivamente, que poden ser escoitadas no EP Six Songs.

"Leeech" era orixinalmente unha canción de Green River titulada "Leech". Cando o fundador dos Melvins Buzz Osborne preguntoulle a un membro de Green River porque nunca a tocaban, a resposta foi que a banda pensaba que era demasiado repetitiva e polo tanto foi eliminada do seu repertorio. O tema foi dada aos Melvins nese momento.

A canción "Eye Flys" aparece na banda sonora da película Kurt Cobain: About A Son, estreada no ano 2006.

Lista de cancións

Categoría:Álbums de The Melvins Categoría:Álbums musicais de 1987 Categoría:Álbums producidos por Mark Deutrom Categoría:Álbums de Alchemy Records (EUA) Categoría:Álbums de Ipecac Recordings