San Miguel de Tabagón é unha parroquia do concello pontevedrés do Rosal, na comarca do Baixo Miño. Segundo o IGE, en 2022 tiña 933 habitantes (437 homes e 496 mulleres). Eclesiasticamente, pertence ó arciprestado da Guarda-Tebra, na diocese de Tui-Vigo.
Xeografía e patrimonio En San Miguel de Tabagón desemboca o río Tamuxe no río Miño.
No lugar do Cruceiro está o cruceiro de Tabagón, unha estrutura pétrea de granito que se dispón sobre tres chanzos e un podio. O fuste é de sección cadrada, capitel e tres cruces en forma de calvario. Deporte
Entre 1976 e 2024 existiu na parroquia o equipo de fútbol UD Tamuxe.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de San Miguel de Tabagón
Parroquias do Rosal
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares do Rosal
Ligazóns externas San Miguel de Tabagón na páxina da Diocese de Tui-Vigo.
Categoría:Parroquias do Rosal Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Miguel